|
Venres, 19 Marzo 2010 01:13 |
O PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE, HENRIQUE TELLO, E O CONCELLEIRO DE DEPORTES, XAN XOSÉ MARTÍNEZ CAXIGAL, PRESENTARON ESTA TARDE O PROXECTO AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
O PROXECTO SUPORÍA UNHA REMODELACIÓN URBANÍSTICA APOSTANDO POLA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA NA ZONA A TODOS OS NIVEIS
O CUSTE DO PROXECTO RONDARÍA OS 170 MILLÓNS DE EUROS POLO QUE O CONCELLEIRO DE DEPORTES SULIÑOU A NECESIDADE DE CONTAR COA COLABORACIÓN DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS E ESTUDIAR TODAS AS FÓRMULAS DE FINANCIAMENTO O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello e o Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, presentaron esta tarde o proxecto da candidatura da Coruña ao Mundial de Fútbol 2018-2022 que terá á construción do estadio como obra singular e de referencia e que suporá unha remodelación urbanística apostando pola mellora da calidade de vida a todos os niveis na zona.
O Primeiro Tenente de Alcalde destacou en primeiro lugar o intenso traballo realizado en colaboración das distintas concellarías xa que un proxecto como o que hoxe se presenta implica unha aposta decidida e forte das distintas áreas do Goberno Municipal para dotar á Coruña dunhas instalacións e un proxecto que permitirá dar un salto cualitativo de saír elixida sede do Mundial.
O Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, foi o encargado de explicar polo miúdo as características do proxecto e coincidiu en sinalar a necesidade de contar cun forte apoio social e político para concorrer como cidade candidata a un evento das dimensións do Mundial de fútbol.
Deste xeito o Mundial servirá como vehículo dinamizador para a dotación dun Estadio novo e dunhas instalacións propias dunha cidade moderna e vangardista o que conleva a construción dun novo estadio que satisfaga non só as necesidades deportivas de toda a cidadanía senón que tamén permita o uso das instalacións para outro tipo de eventos de relevancia apostando pola multifuncionalidade do novo espazo e a mellora da calidade de vida dos cidadáns.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 19 Marzo 2010 00:57 |
ESTE DOMINGO REALIZARASE O ROTEIRO ‘ROSALÍA NA CORUÑA’ EN CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá a imaxe da campaña de lectura que o seu departamento iniciará o vindeiro mes de abril e que ten por obxectivo continuar a potenciar a lectura na nosa cidade baixo o lema ‘A Coruña 2010. Cidade Lectora’. A Concelleira destacou a intensa actividade lectora na Coruña que conta con dez bibliotecas públicas unha de las sendo a súa vez a máis antiga do Estado como é o caso da Biblioteca da Casa do Consulado. Así mesmo, a feira lo libro coruñesa está como a terceira máis importante de todo o Estado e segundo datos dun recente estudio, A Coruña conta con maior número de librerías por número de habitantes.
De feito, o informe de Eroski realizado en cen bibliotecas públicas do Estado sitúa a Coruña na cabeza de lista só superara por Bilbao en canto a puntuación total. No informe destacábase especialmente a atención, a cantidade de materiais os amplos horarios que se ofrece nas bibliotecas herculinas.
Estes datos aválanse co número de socios actuais co que contan as bibliotecas municipais coruñesas que superan os 142.000 socios. Nunha comparativa con bibliotecas doutras cidades españolas A Coruña sitúase por enriba da media no número de préstamos por habitante (2,3 fronte o 1,16 de media no resto do Estado) ou en actividades culturais por cada 10.000 habitantes (74,4 na Coruña fronte o 2516 do resto do Estado).
Así, as bibliotecas municipais da Coruña reciben a 332 persoas de media cada hora, das 57 que levan 143 documentos en préstamo, 30 persoas cada hora acceden a internet e aos servizos de ofimática, e cada hora fanse dúas persoas fanse socias dunha biblioteca municipal na Coruña.
A campaña de lectura iniciarase o vindeiro 2 de abril pero xa o vindeiro domingo terá lugar unha das primeiras actividades incluídas nesta campaña con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía para o que a Concellaría de Cultura organizou o roteiro ‘Rosalía na Coruña’ que sairá de diante da casa de Rosalía na Cidade Vella (r/ do Príncipe, 3, esquina edificio de Capitanía) ás 12.00 horas e terá unha duración dunha hora durante a que se visitarán distintos puntos relacionados coa escritora galega e a súa etapa na cidade herculina.
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 17 Marzo 2010 18:14 |
XOSÉ MANUEL OLVEIRA ‘PICO’ E RICARDO DE BARREIRO ENCABEZAN O AMPLO ELENCO DESTA TRAMA CENTRADA NUNHA INVESTIGACIÓN SOBRE OS RESTOS DO APÓSTOL
A OBRA SUBE POR PRIMEIRA VEZ AOS ESCENARIOS 18 ANOS DESPOIS DA SÚA ESCRITA DESDE A FIDELIDADE AO TEXTO ORIXINAL E Á VISIÓN DO TEATRO QUE TIÑA O PROPIO AUTOR A CONCELLEIRA DE CULTURA, MARÍA XOSÉ BRAVO, PRESENTOU ESTA MAÑÁ A OBRA QUE SE REPRESENTARÁ NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO O VINDEIRO VENRES ÁS 20.30 HORAS
A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá a obra ‘As actas escuras’ de Roberto Vidal Bolaño que o Centro Dramático Galego achega ao Teatro Rosalía de Castro o vindeiro venres ás 20.30 horas baixo a dirección de Xulio Lago. A obra que se presentará o venres 19 e o sábado 20 ás 20.30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña é unha obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xulio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices.
Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
Neste sentido, Xúlio Lago asumiu a dirección escénica desta produción desde a fidelidade á obra orixinal e á visión do teatro que tiña o propio autor, falecido en 2002. O espectáculo resultante obtivo un gran éxito de público durante a súa exhibición en Santiago, desenvolvendo agora unha xira que se estenderá ata primeiros de abril e durante a que visitará un total de sete localidades galegas.
Xosé Manuel Olveira "Pico" e Ricardo de Barreiro encabezan o elenco, do que tamén forman parte César Cambeiro, Ursia Gago, José García, Mónica García, Teté García, César Goldi, Xoán Carlos Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega e Marcos Viéitez. Estes 14 intérpretes, moitos dos cales tiveron a oportunidade de traballar baixo as ordes de Vidal Bolaño en diferentes espectáculos, encarnan os trinta personaxes ideados polo autor para desenvolver esta trama, centrada nunha investigación sobre o redescubrimento dos restos do Apóstolo na Compostela da segunda metade do século XIX.
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 16 Marzo 2010 17:43 |
A campaña está dirixida a potenciais visitantes cun poder adquisitivo medio-alto, que planifican as súas viaxes por internet e buscan un destino cunha oferta de ocio, cultura descanso
Henrique Tello amosou a vontade de chegar ao maior número de público potencial e incrementar a ocupación do pasado ano, xa que A Coruña está resistindo a crise e débese aproveitar para potenciar as escapadas dentro do Estado neste contexto de crise Tamén lembrou a necesidade de aproveitar o tirón do Xacobeo, co obxectivo de converter A Coruña no lugar de residencia dos turistas que decidan visitar Galicia este ano
O primeiro tenente de alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, presentou hoxe a nova campaña desenvolvida por Turismo da Coruña para potenciar as visitas á cidade durante a Semana Santa. A esperada ponte e os días anteriores e posteriores chegarán nun contexto económico caracterizado pola redución da renda dispoñible nos fogares españois, unha acusada tendencia á destrución de emprego e unha importante estabilidade financeira. Esta situación sen dúbida pode repercutir de xeito notable na decisión de viaxar e plasmarse na redución da oferta do transporte aéreo. Fronte a este contexto negativo, Turismo da Coruña quere aproveitar os grandes potenciais da cidade como destino ideal para escapadas curtas, procedentes de comunidades autónomas limítrofes, de Portugal e mesmo de Madrid ou Cataluña, que trae moitos e moi fieis visitantes á cidade todos os anos.
Neste público potencial inscríbese a campaña de Semana Santa, centrada en persoas de poder adquisitivo medio-alto que buscan e planifican os seus destinos por internet e queren atopar nas súas vacacións de Semana Santa un lugar no que gozar do seu tempo de ocio y descansar. Neste sentido, Henrique Tello lembrou que A Coruña é unha cidade ideal que ten valor en si mesmo para cumprir estas expectativas, ademais de que é unha cidade que como se ven demostrando nas últimas estatísticas, ven resistindo razoablemente ben a crise económica, mellor incluso que moitas cidades similares. Isto non só demostra, segundo lembrou Tello, que A Coruña ten grandes e sólidos valores, senón tamén que “estanse facendo as cousas razoablemente ben dentro do sector e nas institucións que estamos vinculadas a el”. Neste sentido, quixo destacar a importante colaboración do sector, xa que na campaña participan 25 establecementos de hospedaxe da Coruña, entre os que se atopan 17 hoteis, así como cinco empresas de turismo activo.
Tamén destacou o primeiro tenente de alcalde a necesidade de aproveitar o Xacobeo, no que o obxectivo que se persegue desde Turismo da Coruña é conseguir que a cidade se converta no lugar de residencia das persoas que visiten Galicia durante este ano, e que desde A Coruña planifiquen as excursións a outros puntos da comunidade. Neste sentido, lembrou que se calcula que entre o 60 e o 70 por cento dos cartos que gasta un turista durante as súas viaxes quedan na cidade na que pernocta.
A CAMPAÑA Con respecto á campaña, o obxectivo é incentivar as visitas á cidade en datas nas que o consumidor con probabilidade opte por viaxar dentro do Estado no seu vehículo particular. Por tanto, insistirase na incidencia sobre o público potencial de Asturias, Castela León, Madrid, Sevilla, Bilbao, Zaragoza ou Barcelona, facendo especial fincapé na comunicación a través da rede, que constitúe xa a vía máis habitual para planificar as viaxes por parte das persoas de poder adquisitivo medio-alto. Por tanto, desde o día de onte estase reforzando a comunicación vía electrónica da campaña, que se presenta a través dunha páxina web específica (www.plancorunasemanasanta.com ) e á que se pode acceder tamén a través do portal de Turismo da Coruña. Ademais, a publicidade da campaña posicionarase en webs punteiras para o sector dos viaxeiros como Vía Michelín, Diario del Viajero e Trivago, a través da que se canalizará un xogo sobre a cidade que permitirá participar nun sorteo de estancias para dúas persoas de dúas noites de hotel nun establecemento da cidade e os billetes de avión.
Nesta web, que se presenta en tres idiomas, ofrécense os atractivos turísticos da cidade, con información sobre visitas destacadas, roteiros de interese, oferta gastronómica, cultural e de ocio. Unha novidade destacada é a inclusión dunha ferramenta de cálculo que inclúe sinalizacións e mapa e que permitirá ao internauta calcular a ruta desde a súa localidade de orixe até A Coruña.
Henrique Tello puxo de manifesto a vontade de Turismo da Coruña de chegar a través desta campaña ao maior número de visitantes potenciais á cidade, de xeito que as cifras “esperanzadoras” non só de ocupación hoteleira senón tamén de visitas á Torre de Hércules, atención nas oficinas de turismo, ocupación do aeroporto de Alvedro –todas superiores ás do ano pasado- sigan nesta liña ascendente no período de Semana Santa se consiga superar o 70,91 por cento de ocupación acadado en 2009. |
|
Martes, 16 Marzo 2010 17:37 |
O CONCELLEIRO DE DEPORTES, XAN XOSÉ MARTÍNEZ CAXIGAL, PRESENTOU ESTA MAÑÁ O EVENTO QUE CONTARÁ CON SEIS PILOTOS DE FAMA MUNDIAL
O Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, presentou esta mañá o X’Treme Tour, Freestyle Championship que terá lugar o vindeiro 8 de maio a partir das 20.00 horas. O Freestyle-MX é a modalidade deportiva de estilo libre de motocross onde os pilotos realizan numerosas figuras no aire impensables fai tan só uns anos, cun alto índice de perigosidade. É sen dúbida un dos eventos deportivos motociclistas de máis auxe na actualidade. O motocross deu paso ao supercross, e éste dou paso ao Freestyle-X’Treme que un ano máis visitará o Coliseo coruñés.
No X’Treme Tour Championship da Coruña adoptouse unha filosofía diferente coa unión do Concello da Coruña, Max Produccións, Twenty Events e Coliseo que farán posible a súa posta en escena cun prezo notablemente inferior a outras citas sendo, tal e como destacan desde a organización, é o evento destas características co prezo de entrada máis reducido de España.
X’Treme Tour Championship de A Coruña conta con seis sensacionais pilotos como son o sevillano Dany Torres, o francés Remy Bizouard, o americano Wiley Fullmer, o xaponés Daice Suzuki, o barcelonés José miralles (considerado entre os dez mellores pilotos do mundo), ademais de Eugenio Zafra. Esta edición do X’Treme Tour Championship de A Coruña terá un formato de competición con tres ramplas de lanzamento que farán posible unha gran variedade de saltos desde os 4 aos 22 metros de lonxitude. |
|
Luns, 15 Marzo 2010 17:34 |
HENRIQUE TELLO PRESENTOU O MANUAL DO PEQUENO CONSUMIDOR DIRIXIDO A NENOS DE ENTRE 8 E 12 ANOS NO QUE OFRECE INFORMACIÓN ADAPTADA SOBRE BOAS PRÁCTICAS DO CONSUMO CUNHA LINGUAXE SINXELA E EXEMPLOS PRETO DA SÚA REALIDADE
O PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE DESTACOU A IMPORTANTE LABOR REALIZADA POLA OMIC QUE MULTIPLICOU A SÚA ACTIVIDADE NO ÚLTIMO ANO NON SÓ EN RECOLLIDA DE RECLAMACIÓNS SENÓN TAMÉN EN TEMAS CLAVE COMO A MEDIACIÓN E INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR O Primeiro Tenente de Alcalde Henrique Tello visitou os distintos obradoiros que durante toda a mañá se celebraron na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) con motivo da celebración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Un ano máis, para conmemorar este día tan especial, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da Coruña puxo en marcha diversas actividades lúdicas e formativas destinadas a pequenos e maiores. O obxectivo principal deste evento informar e formar aos cidadáns e cidadás acerca dos dereitos e deberes que temos como consumidores/as, e como dende a OMIC da Coruña podemos axudarlles a facer un consumo consciente, crítico e responsable.
Diante das oficinas e aulas de formación colocáronse expositores con información, onde todos os interesados foron atendidos polo persoal da escola de consumo da OMIC e representantes de asociacións de consumidores, como ADICAE (Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia), a Coeticor e a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, onde ademais se entregou diverso material divulgativo.
O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, destacou durante a súa visita a importante labor que está a desenvolver a OMIC que multiplicou a súa actividade no último ano non só en canto a número de denuncias e reclamacións recollidas senón tamén en temas clave como as mediacións e información aos consumidores.
Henrique Tello destacou a importancia, así mesmo, de apostar por un consumo “saudábel, consciente e responsábel” que debe ter en conta non só o consumidor senón que tamén deben respectar os produtores e provedores co fin de ofrecer produtos de calidade.
Para os máis curiosos, levouse a cabo unha actividade na que se simulan unha serie de situacións de consumo a través das que se poden tratar diversos aspectos como a compra responsable, lista da compra, etiquetaxe, publicidade, compra ecolóxica…
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 12 Marzo 2010 17:37 |
UN TOTAL DE 56 MOZOS E MOZAS LEVARON A CABO UN PROXECTO DE RECUPERACIÓN MEDIOAMBIENTAL DA CONTORNA DA TORRE DE HÉRCULES QUE INCLÚE UNHA NOVA SENDA ENTRE O FARO E O AQUARIUM, UNHA PISTA DE CAMPO A TRAVÉS, UN NOVO MIRADOR...
NO ACTO DE CLAUSURA PARTICIPARON OS INTEGRANTES DA ESCOLA TALLER E MÁIS DE 350 ESCOLARES DOS DISTINTOS CENTROS PARTICIPANTES NO PROGRAMA ‘O VAGALUME DA TORRE’ OS QUE FIXERON UNHA ENTREGA SIMBÓLICA DA TORRE Á CIDADE O Primeiro Tenente de Alcalde Henrique Tello presidiu esta mañá o acto de clausura da Escola Taller Torre de Hércules no que participaron un total de 56 mozos e mozas quen executaron un proxecto de recuperación medioambiental da contorna da Torre de Hércules. Unhas obras que foron inauguradas esta mesma mañá polo Primeiro Tenente de Alcalde. O Primeiro Tenente de Alcalde percorreu a nova senda que une a Torre de Hércules co Acuarium xunto cos membros da Escola Taller para posteriormente celebrar un acto de clausura no que participaron ademais os nenos e nenas de tres dos centros escolares que participaron no programa ‘O Vagalume da Torre’.
Neste acto tivo lugar unha entrega simbólica á cidade da Coruña dunha Torre de Hércules de porexpan feita entre todos os participantes e que foi rematada no propio Acuarium polo Primeiro Tenente de Alcalde e a Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, quen colocou a última das pezas.
O proxecto Contorna Torre de Hércules consta de dúas zonas claramente diferenciadas. Por unha banda atopámonos coa zona do “Campo da Lagoa”, a carón da praia das Lapas e por outra banda sitúase o parque de Punta Herminia. Diferenciando dous xeitos de actuación. A primeira actuación desenvólvese no “Campo da Lagoa”, con actuacións encamiñadas a consolidar as condicións paisaxísticas da contorna natural. A segunda zona de actuación no “parque de Punta Herminia” con melloras que completen a contorna da Torre de Hércules.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 12 Marzo 2010 14:30 |
O PP REXEITOU ONTE NO PARLAMENTO GALEGO UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI SOBRE A ORGANIZACIÓN DA FEIRAS DAS INDUSTRIAS CULTURAIS ‘CULTURGAL’ NO 2010
O GRUPO PARLAMENTARIO DO PP REXEITOU ASI MESMO ACEPTAR Á CIDADE DA CORUÑA COMO SEDE DESTE IMPORTANTE EVENTO DE APOIO AS INDUSTRIAS CULTURAIS GALEGAS GALEGO A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, lamentou a actitude de desprezo que continúa a manter a Xunta de Galiza coa cidade da Coruña ao negarse a aceptar A Coruña como sede para a celebración do vindeiro Culturgal o mesmo tempo que negou comprometer fondos para a celebración deste evento que tivo unha importante acollida no sector e converteuse nun apoio para á cultura galega.
A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón, defendeu onte, no Parlamento galego, unha Proposición non de Lei sobre a organización da Feira das Industrias Culturais “CULTURGAL” no ano 2010 que foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido popular.
A deputada do BNG, lamentou igual que a Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, que o Partido Popular non aceptara a cidade de A Coruña para a celebración do próximo “CULTURGAL” e a falta de compromiso orzamentario para un evento, que cualificou de “grande éxito” en edicións anteriores.
A celebración do “CULTURGAL” durante os anos 2007 e 2008, tivo unha acollida moi favorable entre as industrias culturais, resultando ser un importante apoio para as asociacións do sector pero, “no ano 2009, a actual Consellaría de Cultura e Turismo decidiu suspendelo alegando falta de recursos para a súa organización”.
No pasado período de sesións, o BNG presentou unha iniciativa na que se instaba a Xunta de Galiza para que no ano 2009 se celebrara o CULTURGAL, baseándose nos anos 2007 e 2008 como “fito importante” na política de promoción, proxección das industrias culturais e elemento dinamizador da cultura galega.
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 11 Marzo 2010 22:13 |
APRAZADA A VISITA DA DIRECTORA DO INSTITUTO DA MULLER, LAURA SEARA, QUE ESTABA PREVISTA PARA MAÑÁ AO CONCELLO DA CORUÑA A Concellaría de Igualdade que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez, iniciará mañá o deseño do Plan de Conciliación Municipal. Estaba prevista a visita da Directora do Instituto da Muller, Laura Seara, ao Concello da Coruña co fin de presentar e apoiar o inicio dos traballos para deseñar e aprobar o Plan pero finalmente a visita quedou aprazada.
En xaneiro deste ano, comezou a segunda fase do Proxecto Equilibrio cuxo obxectivo xeral consiste en apoiar e asesorar o deseño, a aprobación e a posta en marcha dun Plan de Conciliación en dez territorios de España. Para elixir aos concellos participantes neste fito, o Instituto da Muller en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), abriron a correspondente convocatoria pública, para a cal o Concello da Coruña presentou a su solicitude de participación. O Concello da Coruña é a única entidade local galega que participa neste proxecto, xunto con outras administracións locais de todo o Estado.
Así, unha vez seleccionadas as dez Entidades Locais participantes, tivo lugar o pasado 19 de xaneiro na sede do Instituto da Muller en Madrid a primeira xornada informativa que contou con representantes deste Organismo, dos municipios e da FEMP. O encontro versou sobre o proceso metodolóxico que se utilizará para que cada municipio finalice este ano coa posta en marcha dun Plan de Conciliación.
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 11 Marzo 2010 22:06 |
SERÁ O VENRES 12 DE MARZO DE 17.30 A 20.00 HORAS NO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista, Margarida Vázquez, organiza para o vindeiro venres 12 de marzo, un obradoiro baixo o título ‘Dereito de familia’ dentro dos seus ciclos anuais sobre dereitos básicos e educación en valores na infancia.
Efectivamente, o venres 12, entre as 17:30 e as 20:00 horas, a Asesora Xurídica do CIM (Centro de Información ás Mulleres) da Coruña, situado na rúa Hortensias s/n no Barrio das Flores, Araceli Mira García, impartirá este obradoiro co obxectivo xeral Proporcionar un marco xurídico básico no que situar as distintas relacións e situacións que afectan ás unidades familiares.
As persoas destinatarias son, principalmente, mulleres (sen límite de idade), tratándose neste contidos como as familias e o dereito, as relacións de parella e filiación, a ruptura das relacións de parella, os alimentos entre parentes e os dereitos das e dos menores.
A actividade terá lugar no propio CIM no barrio das Flores (rúa Hortensias, s/N) o venres 12 de 17.30 a 20.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono do Centro: 981 18 43 56.
|
|
|