|
Martes, 13 Xullo 2010 23:35 |
A respecto do acordo acadado entre o Alcalde e o Presidente da Autoridade Portuaria para ver de desbloquear a situación do aparcadoiro do Parrote o Grupo Municipal do BNG quere deixar constancia das seguintes consideracións:
1. É unha boa nova, e non sen tempo, que a Autoridade Portuaria se aveña a falar do tema co Concello da Coruña
2. Sendo o inicio de acordo a resituación da edificabilidade terciaria que o Plan Especial do Porto establece para ese ámbito, que lembremos o BNG non aprobou no seu día entre outras razóns por excesiva, noutros espazos portuarios estamos no bo camiño.
3. Agardaremos ao resultado dos traballos da comisión paritaria Concello-Porto para ver a proposta, que deberá ser absolutamente respectuosa co valor patrimonial do Baluarte do Parrote e propoñer unha integración acorde co carácter de borde marítimo histórico dese enclave.
|
|
Xoves, 08 Xullo 2010 16:54 |
O BNG considera que Carlos Negreira exerce máis como 'defensor da empresa concesionaria do aparcadoiro que como representante dos intereses da cidade' Como xa ten feito en ocasións anteriores, o BNG reclama da Autoridade Portuaria da Coruña que aporte dunha vez unha solución real para o problema creado coa concesión do aparcadoiro do Parrote.
Desde o BNG considérase que o presidente da Autoridade Portuaria está a mesturar de forma consciente cuestións que non están directamente relacionadas, como son os usos comerciais do espazo portuario e o párking do Parrote.
‘As ameazas desde a Autoridade Portuaria de rescatar a concesión e non construír o aparcadoiro son intolerábeis e non contribúen a resolver un problema que foi creado e aínda non resolto pola propia dirección do porto’, afirmaron e, insistiron desde o BNG en considerar que ‘o presidente debe centrarse no seu traballo e resolver o problema que ten diante’.
Neste sentido, o BNG denuncia que a actitude do PP e de Carlos Negreira é de ‘absoluta entrega aos intereses da empresa privada concesionaria do aparcadoiro’ que, segundo as súas declaracións, ‘debería ficar por riba dos da cidade á que representan na institución municipal’. |
|
Venres, 04 Xuño 2010 13:28 |
A deputada do BNG, Carme Adán cualifica de “comportamento sectario” que se recorra á contratación de deportistas non galegos con recursos públicos para accións publicitarias como a de David Meca e se elimine a axuda da deportista internacional galega Eva Castro Os deputados do BNG, Carme Adán e Alfredo Suárez Canal presentaron diversas iniciativas parlamentarias nas que denuncian “a eliminación das axudas a deportistas do Xacobeo, como a que viña percibindo a ciclista internacional galega Eva Castro” e solicitan que se expliquen no Parlamento galego as verdadeiras razóns da retirada destas axudas.
Para a deputada nacionalista, Carme Adán a “actitude política dos actuais xestores do Xacobeo pode provocar o final dunha carreira profesional de primeiro nivel, recoñecida internacionalmente”.
Adán explica nesta iniciativa que “ Eva Castro é unha deportista de grande nivel pero dunha disciplina deportiva minoritaria” o que –a xuízo da deputada nacionalista- razón pola que precisa apoio público para poder competir. Hai que lembrar que Castro é 8 veces campiona do Estado, medalla de bronce no Campionato Europeo Absoluto, terceira na Copa do Mundo 2007 e recentemente seleccionada polo equipo español para participar nos campionatos europeos de Alemaña.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 28 Maio 2010 16:34 |
Carlos Aymerich denuncia que “a intención do Goberno do PP é deixar esmorecer ao centro para, se non pode privatizalo, especular cos terreos” O Partido Popular impediu esta mañá que se aprobase no Parlamento de Galiza unha iniciativa do BNG na que se lle pedía á Xunta de Galiza que apoie e manteña o carácter público do Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo da Coruña.
En concreto, a proposición non de lei do BNG que se debatía esta mañá na Comisión de Sanidade do Parlamento Galego, e que conta co apio do persoal do centro e dos pais e nais dos usuarios, instaba á Xunta de Galiza “executar e desenvolver o acordo asinado o 18 de xullo de 2008 entre a daquela Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Consellaría de Educación e Ordenamento Universitario e, na súa virtude, construír un novo Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, con fin de atender integralmente as necesidades das persoas con discapacidade psíquica”.
Este acordo do Goberno Bipartito, que contaba con dotación orzamentaria, permitiría ofrecer unha atención integral ás persoas con discapacidade psíquica, de xeito que a Consellaría de Educación se fixese cargo das persoas en idade escolar, entre os 3 e os 21 anos, mentres que a área de Benestar da Xunta mantería baixo a súa persoa aos maiores de 21 anos, paro o cal se comprometía a construír o devandito Centro de Atención a Persoas con Discapacidade dotado dun Centro de Día e dun Centro de Dano Cerebral.
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 26 Maio 2010 17:49 |
Davila lembrou que o Estado español se enfronta ás sancións da UE por incumprir a directiva comunitaria en saneamento e o Secretario Xeral asegura que “non vai haber expedientes sancionadores” O Secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro, xustificou este mediodía os retrasos que sofren as depuradoras das principais cidades galegas que cualificou como “eventuais aprazamentos”, e non deu datas concretas de remate das obras das depuradoras de Vigo, Santiago, A Coruña e Ferrol.
O representante do Ministerio comparecía esta mañá no Congreso, a solicitude do BNG, para informar sobre o estado e os prazos de finalización das depuradoras galegas de interese xeral que afectan á calidade das augas das rías e ríos principais. Na súa primeira intervención, o Secretario Xeral fixo unha profusa descrición do estado de todas as obras medioambientais e de saneamento contempladas nos Orzamentos para Galiza pero evitou dar prazos de remate das depuradoras das cidades, igual que evitou falar da decisión da Comisión Europea de denunciar ao Estado español ante o Tribunal de Xustiza da UE por incumprir a directiva comunitaria en saneamento para non verter augas residuais ao mar, aos ríos ou ás rías.
Fragueiro recoñece os retrasos pero os xustifica Na súa intervención, Davila centrouse nas actuacións “máis relevantes desde o punto de vista da calidade das augas nas rías e ríos, e sobre as que levamos moitos anos demandando solucións e agardando a que se resolvan”.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 24 Maio 2010 14:09 |
Ana Luísa Bouza e Carlos Aymerich denuncian que a Xunta “exclúe deste proxecto a barrios enteiros como Montealto ou Agra do Orzán, favorece ao ensino privado e non apoia ao alumando de familias con rendas máis baixas”
Os deputados do BNG, Ana Luísa Bouza e Carlos Aymerich, veñen de presentar no Parlamento Galego unha iniciativa na que lle esixen á Xunta de Galiza que explique por qué excluíu do proxecto Abalar, destinado a implantar as novas tecnoloxías nas aulas, a 36 centros de ensino público da cidade da Coruña.
Os deputados nacionalistas denuncian que a selección que fixo a Consellaría de Educación da Xunta de Galiza para a implantación deste proxecto, pagado con cartos públicos, foi de 11 centros privados concertados, que contan todos eles con primaria e secundaria, fronte a tan só un centro de primaria público e cinco institutos de secundaria.
En concreto, a Xunta de Galiza excluíu da implantación de novas tecnoloxías nas aulas a 12 institutos e a 24 centros públicos de primaria da cidade da Coruña.
Ana Luísa Bouza e Carlos Aymerich advirten de que “esta selección discrimina a escola pública e ao seu profesorado; non se corresponde a un reparto territorial por barrios xa que quedan excluídos barrios enteiros como Montealto ou a Agra do Orzán e non hai un apoio especial ao alumnado de familias con rendas máis baixas”.
|
|
Ler máis...
|
|
|