| O BNG CONSIDERA “UN ABUSO” QUE A SGAE COBRE POLA REPRESENTACIÓN ESCOLAR DE OBRAS DE TEATRO E INSTA AO GOBERNO A QUE SE CAMBIE A LEI |
| Venres, 05 Febreiro 2010 11:51 | |||
Francisco Jorquera denuncia que “con esta actuación a SGAE desprestixia a protección do dereito de propiedade intelectual e desincentiva o interese pola cultura dos nosos escolares”O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, presenta unha iniciativa na que denuncia o “abuso” da SGAE ao pretenderlle cobrar aos alumnos pola representación escolar dunha obra de teatro e insta ao Goberno a modificar a lei para que isto non se permita. Francisco Jorquera lembra o caso concreto do instituto coruñés Ramón Menéndez Pidal, onde os alumnos levaban traballando semanas para representar a peza “Bodas de Sangre”, de Federico García Lorca, e que ante as limitacións do centro escolar e para atraer a un maior número de público ían representar no Fórum Metropolitano da Coruña, “un espazo que é un centro cultural municipal”, subliña. Porén, o deputado do BNG denuncia que “a SGAE caeu sobre os alumnos deste centro e esíxelles o pagamento de 95 euros en concepto de dereitos de autor”, a tarifa que a sociedade xeral de autores apica a un espectáculo gratuíto de teatro afeccionado que non é escolar, xa que, segundo o criterio da SGAE ao no representarse dentro das instalacións do instituto non ten ese carácter. “Un abuso que desprestixia a defensa da propiedade intelectual”Francisco Jorquera considera que esta actuación da SGAE “desprestixia a defensa dun dereito lexítimo, coo é o da protección da propiedade intelectual, pero que levado até o seu extremo, coma neste caso, constitúe un auténtico abuso e desincentiva o interese ola cultura dos nosos escolares”. “É necesario modificar a lei neste aspecto”Ante esta situación, o deputado do BNG presenta unha iniciativa na que lle pregunta ao Goberno central se non considera que non se deberían cobrar dereitos de autor aos centros escolares pola representación gratuíta e a cargo do alumnado de obras relacionadas coas artes escénicas e musicais. E en caso de que este suposto si estea contemplado na lexislación actual, Francisco Jorquera pídelle ao Goberno que se modifique con carácter de urxencia para que a representación de obras culturais en centros escolares a cargo do alumnado e con carácter gratuíto estea exenta do pagamento dos dereitos de autor.
|


