|
Mércores, 20 Xaneiro 2010 23:34 |
DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO E A FALTA DE INTERESE DO ACTUAL GOBERNO DA XUNTA NOS PROBLEMAS QUE AFECTAN Á CIDADE DA CORUÑA
ANUNCIA QUE NO PRÓXIMO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA AUTORIDADE PORTUARIA ESIXIRÁ UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA A ESTE PROBLEMA O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, quixo expresar o sentimento de “vergoña allea” pola esperpéntica situación que o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, provocou onte ao admitir que descoñecía a situación do parking do Parrote e admitindo incluso ignorar que tivera relación co departamento que el dirixe. Para Henrique Tello, non só é cando menos unha vergoña que o Conselleiro non saiba nin sequera qué asuntos dependen del, senón que ven a demostrar unha vez máis o estado de total abandono e falta de interese polos problemas que afectan á cidade da Coruña que ven amosando o actual Goberno galego.
Así mesmo, o Primeiro Tenente de Alcalde anuncia que no vindeiro consello de administración da Autoridade Portuaria da Coruña esixirá unha solución definitiva a este problema. Henrique Tello subliñou que este feito pon de manifesto ademais a falta de interese do portavoz municipal do Partido Popular, Carlos Negreira, por este tema xa que nin tan sequera informou ao Conselleiro dun tema tan importante como é o parking do Parrote porque se non ser así o propio portavoz popular debería ter pedido a dimisión do Conselleiro de Cultura ante estas declaracións que poñen en evidencia o pouco interese da actual Xunta de Galicia polos problemas da cidade da Coruña.
|