Maria Xose Bravo

Axenda

Marzo 2010
L M m X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Cultura Arranca o Cineterraza no Fórum Metropolitano coa música como a grande protagonista
Arranca o Cineterraza no Fórum Metropolitano coa música como a grande protagonista PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xullo 2009 16:05

Arranca o ciclo de Cinenterraza no Fórum Metropolitano, unha das apostas consolidadas da programación cultural de verán centro. Nun escenario diferente: o vestíbulo, o espectador terá a posibilidade de gozar dun filme na pantalla grande instalada para a ocasión.

Durante catro semanas de xullo as noites dos mércores e os xoves ás 22.30 h. encherán o Fórum coas creacións de dúas bandas míticas, explorarán sons orientais que non coñecíamos e farán un repaso nostálxico pola memoria sentimental de moitos de nós. O londinense Julien Temple é unha das referencias no tratamento da música no cinema das últimas tres décadas. En Joe Strummer: the future is unwritten (8 e 9 de xullo) revisa a fascinante e axitada vida do célebre líder de The Clash por medio de entrevistas a persoas que tiveron trato con el e numerosas imaxes de arquivo, algunhas delas inéditas.

Outra banda mítica ocupa os 137 minutos de The song remains the same, (22 e 23 de xullo) filme-concerto dirixido por Joe Massot e Peter Clifton que recolle tres actuacións de Led Zeppelin no Madison Square Garden  neoiorquino.

O alemán de orixe turca Fatih Akin, Oso de Ouro en Berlín 2004 por Gegen die Wand , viaxa a Istambul para descubrirnos a súa riquísima e variada cultura musical contemporánea no documental Crossing the bridge, (15 e 16 de xullo) un retrato sonoro da Turquía de hoxe en día desde as raíces até as manifestacións máis modernas e transgresoras no ámbito do rock independente e o rap.

Para rematar, C.R.A.Z.Y. de Jean-Marc Vallée, (29 e 30 de xullo) un  filme canadense que retrata a adolescencia dun mozo homosexual no turbulento Quebec dos setenta e a difícil relación que mantén co seu pai; unha época retratada tamén grazas a unha moi coidada banda sonora inzada de cancións, entre elas as de Pink Floyd, os Rolling Stones ou David Bowie.