Maria Xose Bravo

Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Cultura O programa ‘Lecer no Outono 09’ do Fórum Metropolitano oferta 850 prazas para 37 obradoiros
O programa ‘Lecer no Outono 09’ do Fórum Metropolitano oferta 850 prazas para 37 obradoiros PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Agosto 2009 17:00

O PROGRAMA CONTA CON 850 PRAZAS E O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN ABRIRASE DO VINDEIRO 8 AO 10 DE SETEMBRO


ENTRE AS NOVIDADES MÁIS DESTACADAS A CONCELLEIRA SINALOU TODOS OS OBRADOIROS RELACIONADOS COA ACTIVIDADE CULTURAL DA CIDADE COMO O ‘XUNTOS AO ROSALÍA’ OU O MONOGRÁFICO SOBRE OS PATRIMONIO DA HUMANIDADE


A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá o programa Lecer no Outono 09 do Fórum Metropolitano que este ano ofertará 850 prazas e conta cunha ampla e variada oferta de obradoiros e demais actividades nas que se teñen en conta todos os públicos.Así atopamos dentro destes obradoiros de lecer os relacionados coa cidade como ‘Coñecer Coruña’, ‘O que contan os nosos barrios’ ou o novo ‘Coruña, a túa vista. Cámaras dixitais analóxicas’ que suporá unha introdución ao uso das cámaras dixitais e á fotografía artística dixital como xeito de entretemento e relación social a través de todos os momentos que ofrece a cidade.
No apartado musical atopamos actividades como ‘Paixón pola música’, ‘A golpe de música’, ‘As outras músicas’ ou ‘Descubre o jazz’ no que se amosan dende as orixes ata as últimas tendencias con audicións orientativas e actividades complementarias.

Nos obradoiros literarios inclúense a ‘Actualidade literaria’, ‘Os roteiros da literatura galega’, ‘Relatos creativos’ ou ‘Cunha pluma... A Coruña’ no que se darán a coñecer escritores e persoaxes ilustres viviron, contaron, crearon e transformaron a historia da nosa cidade.

En Arte e historia atopamos ‘Explorar as exposición’ nas que se ensinarán os principios básicos e visitarán as distintas exposicións da cidade, ‘Emociónate coas artes’, ‘O mundo da pintura’, ‘As nosas mitoloxías’, ‘Ao longo do Camiño’ no que será unha aproximación aos Camiños de Santiago como un compendio de artes que conforman un fiel reflexo da cultura: arte, literatura, arquitectura, sociedade, ... con saídas e actividades complementarias.

Ademais haberá outros moitos obradoiros relacionados coas ciencias, cine e teatro, manualidades, habilidades sociais e mentais, e un monográfico  sobre Patrimonio da Humanidade no que se fará un achegamento aos distintos contextos históricos, artísticos, literario, social... que influíron dalgún xeito na Humanidade ao longo do tempo e que son distinguidos por iso.

En canto a oferta específica para maiores de 65 anos inclúese un novo obradoiro ‘As mates na rede’ no que se favorecerá a memoria por medio de propostas variadas a través dos programas informáticos na rede.

O programa inclúe ademais distintos clubs e círculos nos que os que o desexen pódense unir e compartir afeccións. Asi existen os clubs de lectura, sendeirismo, tapiz no alto lizo, tapiz gobelino, de palillos, labores, canastra, pintura, e filosofía.

A oferta do programa Lecer no Outono diríxese preferentemente ás persoas empadroadas no concello da Coruña. O prazo de preinscrición farase do 8 ao 10 de setembro. Os obradoiros teñen fixada unha cota de 24 euros por cada actividade e os maiores de 65 anos só abonarán a metade.

 Programa completo en PDF