| ‘A Caixiña dos Mistos’ achegará aos máis novos da casa ao mundo dos contos e a fantasía durante o mes de setembro |
|
|
|
| Domingo, 30 Agosto 2009 09:44 | |||
UNHA CARAVANA AMBULANTE CONVERTIDA EN SALA DE PROXECCIÓNS DE PELÍCULAS PERCORRERÁ OS DISTINTOS BARRIOS DA CIDADE OS SÁBADOS DO VINDEIRO MESA Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo levará aos distintos barrios da cidade e para os máis pequenos da casa a Caixiña dos Mistos, unha sala de proxección de películas sobre rodas que achegará aos nenos e nenas aos contos e a fantasía durante todos os sábados do mes de setembro. A Caixiña dos Mistos é unha sala de proxección sobre rodas que percorre os barrios e vilas galegas. Unha caravana ambulante máxica que leva ao público infantil aos mundos de conto e fantasía a través dunha oferta de contidos audiovisuais de curta duración. Os máis novos da casa son os verdadeiros protagonistas desta actividade interactiva, pois da súa idade e das súas preferencias depende a elección das películas a proxectar. Ademais, á saída son os encargados de votar ás súas pezas favoritas, así como participar en distintas actividades de entretemento mentres esperan para entrar. Así, esta especial caravana percorrerá os distintos barrios da cidade durante o mes de setembro en horario de 11.30 a 14.00 horas e 16.30 a 20.00 horas: 5 de setembro- Praza das Conchiñas 12 de setembro- Praza Elíptica de As Roseiras 19 de setembro- Campo da Leña 26 de setembro- Praza Salvador de Madariaga Máis información en www.caixadosmistos.com
|





