| A Concelleira de Cultura inaugura unha exposición sobre Ramón Cabanillas |
|
|
|
| Luns, 01 Febreiro 2010 13:45 | |||
A SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DE MARÍA PITA ACOLLERÁ ATA O VINDEIRO 21 DE FEBREIRO UNHA MOSTRA SOBRE O POETA GALEGO POR EXCELENCIA DA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XXA Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, inaugurou esta tarde na Sala de exposicións do Pazo de María Pita unha mostra sobre Ramón Cabanillas, o poeta galego por excelencia da primeira metade do século XX. Un autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública, que xogou un papel determinante na defensa da nación galega. A exposición permanecerá aberta ao público desde mañá ata o vindeiro 21 de febreiro. Ao logo de 10 momentos diferentes da súa biografía, a editorial Galaxia fai un repaso por este autor de versos exaltados e directos, un autor tardío máis cunha obra que foi ponte para unir o Rexurdimento Galego coas vangardas. Del dixo Basilio Álvarez “ xa atopamos o gran poeta que nos levaron o día que enterraron a Curros”. Ramón Cabanillas naceu o 3 de xuño de 1876, é autor dunha obra de profunda raíz galeguista para acompañar o labor das Irmandades da Fala, onde participou desde os inicios. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu entre 1910 e 1915, alí publicou No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construcción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en Da terra asoballada (1926) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu concienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos colabora con Antón Villar Ponte na redacción de O mariscal e en 1919 estrea na Coruña a súa peza teatral A man de Santiña co patrocinio da Irmandade da Fala da Coruña. Tamén en 1921 viu a luz o poemario Na noite estrelecida, onde reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos da construcción dun país. Porén, recuperou o lirismo intimista en 1927 no poemario amoroso A rosa de cen follas. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu un discurso titulado "A saudade nos poetas galegos". En 1929 faría o propio na Real Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Instalado en Madrid desde a súa incorporación a esta institución, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década dos 40 con Camiños no tempo. Comeza entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958), o seu último libro publicado en vida. Faleceu en Cambados en 1959.
|





