| A Casa Casares Quiroga acolle desde hoxe a exposición do grupo Brais Pinto ‘O afiador revolucionario’ |
|
|
|
| Xoves, 04 Febreiro 2010 16:42 | |||
A CONCELLEIRA INAUGURARÁ ESTA TARDE A MOSTRA COA PRESENCIA DALGÚNS DOS MEMBROS DO GRUPO DE XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO, CÉSAR ÁREAS, MÉNDEZ FERRÍN, RAMÓN LORENZO, BAUTISTA ÁLVAREZ, BERNARDINO GRAÑA E HERMINIO BARREIROA Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá a exposición ‘Brais Pinto’ que acolle desde hoxe a Casa Museo Casares Quiroga e que se inaugurará esta mesma tarde ás 20.00 horas coa presenza dos membros do grupo Xosé Fernández Ferreiro, César Áreas, Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo, Bautista Álvarez, Bernardino Graña e Herminio Barreiro.
Ademais de organizar faladoiros, actividades culturais e crear unha editorial e unha colección de poesía, os membros do grupo Brais Pinto evolucionan teoricamente cara o marxismo, e neles comeza a madurar a idea de formar un novo partido nacionalista de esquerda superador do "piñeirismo". Nun comezo, as bases ideolóxicas do que ía ser a organización eran vagas, consistían en liñas xerais, en reactualizar o legado do PG e darlle unha nova orientación ao nacionalismo galego. O grupo non puido sobrevivir polas súas propias diversificacións e no 1964 desapareceu. Pero quedou constituído nun referente para as loitas nacionalistas de Galicia e sobre todo, foi semente dunha xeración de importantes artistas e dun amplo labor cultural. Doutra banda, considerando que Uxío Novoneyra formou parte deste grupo e dedicaráselle o Día das Letras Galegas de 2010, esta proposta expositiva poderíase integrar dentro das actividades de difusión e homenaxe. Ademais, a relación antedita co “piñeirismo” e a homenaxe a Ramón Piñeiro de maio de 2009, pode definir e contextualizar a situación dos nacionalismos do ultimo terzo do século XX. Os obxectivos da mostra tal e como sinalou a Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, son, entre outros, destacar a importancia do grupo Brais Pinto dentro da evolución do galeguismo cultural e político,presentar un panorama de recoñecemento dos grupos nacionalistas galegos, mostralo como contribución á renovación literaria galega, trazar perfís dos integrantes, adaptar a mostra aos deseños curriculares dos distintos ciclos escolares e ofrecela como actividade complementaria ao aula. Tres seccións diferenciadas
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|






A finais dos anos 50 un grupo de estudantes e traballadores galegos de ideoloxía esquerdista formou en Madrid o grupo denominado Brais Pinto. Dentro del convivían, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Raimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez, Ramón Lourenzo, César Arias, Herminio Barreiro, Alexandre Cribeiro, Manuel María e "Ben-Cho-Shey".