Maria Xose Bravo

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Cultura A Biblioteca Municipal Sagrada Familia celebrará dúas xornadas para país e nais nas que se falará do ‘Que fan os nosos fillos na Internet?’
A Biblioteca Municipal Sagrada Familia celebrará dúas xornadas para país e nais nas que se falará do ‘Que fan os nosos fillos na Internet?’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Marzo 2010 16:06

TRATARANSE ENTRE OUTROS TEMAS AS REDES SOCIAIS, PROGRAMAS DE MENSAXERÍA E TAMÉN QUE PRECAUCIONS DEBEMOS TOMAR


A Biblioteca Municipal Sagrada Familia realizará o 15 e o 22 de marzo dúas xornadas baixo o nome ‘Qué fan os nosos fillos na Internet?’ no que se informará aos país das redes sociais, programas de mensaxería, ademais de falar das precaucións a tomar. A actividade terá lugar en horario de 19 a 21 horas.

Internet é algo cotián na vida dos menores. Pasan moitas horas conectados, tanto no colexio como na casa. A través de Internet temos acceso ao coñecemento, á comunicación, á creación… É un medio marabilloso, pero se non se toman as precaucións adecuadas, pode ser potencialmente máis perigoso que a rúa. Por iso hai que coñecer que riscos axexan na Rede e como combatelos. As ameazas poden vir desde unha posible fonte de infección do computador, ata unha suplantación de personalidade que pode desembocar nun mal encontro.

Como pais, nais, é a nosa obriga coñecer este mundo para poder educar aos nosos fillos e fillas no seu bo uso. Ao longo das dúas xornadas do curso coñeceremos as redes sociais, os programas de mensaxería, as precaucións a tomar, que recursos educativos usar, como manexar as situacións que se nos poden presentar…

CONTIDOS:


•    A seguridade na rede.
•    Os datos persoais: riscos das redes sociais.
•    Navegación segura.
•    Correo Web. Precaucións.
•    Transferencias de arquivos.
•    Chats e mensaxería. Uso correcto.
•    Uso da webcam. Riscos.
•    Telefonía móbil.
•    Outros usos da rede por parte dos nenos-as e adolescentes.
•    Programas de control parental.
•    Consellos para un bo uso da rede por parte dos nenos-as e adolescentes.
•    Aspectos legais