|
Martes, 16 Marzo 2010 17:56 |
O Forum Metropolitano acolle o vindeiro domingo 21 de marzo ás 18.00 horas a presentación do proxecto Tic-Tac do músico coruñés Pablo Díaz que contará coa colaboración de músicos como Xabier Díaz, Carmen Re, Pedro Lamas, Diego Rodríguez Sánchez, As Axeitiñas e o grupo Ruote entre outros. TIC TAC é un libro-CD da editorial Kalandraka con ilustracións para público familiar. Nun total de 16 cantigas aborda temas próximos aos cativos. “Tic Tac” é o libro-disco de KALANDRAKA, interpretado polo músico coruñés Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger, un deseñador suízo afincado en Galicia, e numerosas colaboracións musicais. Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo da obra, respectivamente.
A cita será o vindeiro domingo 21 de marzo ás 18.00 horas no Forum Metropolitano. O prezo da entrada: 5 euros (carné xoven, + 65 anos e desempregados 3 euros).
|