| A Concelleira de Cultura presenta a campaña ‘A Coruña 2010. Cidade Lectora’ que arrancará o vindeiro mes de abril |
|
|
|
| Venres, 19 Marzo 2010 00:57 | |||
ESTE DOMINGO REALIZARASE O ROTEIRO ‘ROSALÍA NA CORUÑA’ EN CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA POESÍAA Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá a imaxe da campaña de lectura que o seu departamento iniciará o vindeiro mes de abril e que ten por obxectivo continuar a potenciar a lectura na nosa cidade baixo o lema ‘A Coruña 2010. Cidade Lectora’. A Concelleira destacou a intensa actividade lectora na Coruña que conta con dez bibliotecas públicas unha de las sendo a súa vez a máis antiga do Estado como é o caso da Biblioteca da Casa do Consulado. Así mesmo, a feira lo libro coruñesa está como a terceira máis importante de todo o Estado e segundo datos dun recente estudio, A Coruña conta con maior número de librerías por número de habitantes.De feito, o informe de Eroski realizado en cen bibliotecas públicas do Estado sitúa a Coruña na cabeza de lista só superara por Bilbao en canto a puntuación total. No informe destacábase especialmente a atención, a cantidade de materiais os amplos horarios que se ofrece nas bibliotecas herculinas. Estes datos aválanse co número de socios actuais co que contan as bibliotecas municipais coruñesas que superan os 142.000 socios. Nunha comparativa con bibliotecas doutras cidades españolas A Coruña sitúase por enriba da media no número de préstamos por habitante (2,3 fronte o 1,16 de media no resto do Estado) ou en actividades culturais por cada 10.000 habitantes (74,4 na Coruña fronte o 2516 do resto do Estado). Así, as bibliotecas municipais da Coruña reciben a 332 persoas de media cada hora, das 57 que levan 143 documentos en préstamo, 30 persoas cada hora acceden a internet e aos servizos de ofimática, e cada hora fanse dúas persoas fanse socias dunha biblioteca municipal na Coruña. A campaña de lectura iniciarase o vindeiro 2 de abril pero xa o vindeiro domingo terá lugar unha das primeiras actividades incluídas nesta campaña con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía para o que a Concellaría de Cultura organizou o roteiro ‘Rosalía na Coruña’ que sairá de diante da casa de Rosalía na Cidade Vella (r/ do Príncipe, 3, esquina edificio de Capitanía) ás 12.00 horas e terá unha duración dunha hora durante a que se visitarán distintos puntos relacionados coa escritora galega e a súa etapa na cidade herculina. A escritora vive na Coruña entre 1870 e 1875, cidade na que xa estivera en 1861, ao regreso dunha viaxe de Madrid. Após Manuel Murguía ser nomeado director do Arquivo Xeral do Reino, a familia instálase no número 3 da rúa do Príncipe. Xa o 2 de abril arrancará a campaña de lectura coa apertura dun concurso de spot publicitarios ‘biblioclips’ co obxectivo de poñer en valor a lectura na cidade da Coruña. A entrega de premios deste concurso terá lugar o 24 de outubro Día Internacional das Bibliotecas. Tamén no mes de abril darán comezo as visitas guiadas que a Concellaría de Cultura ten organizado na Biblioteca da Casa do Consulado e que terán un número máximo de 18 persoas en cada unha delas. Realizarase unha cada mes sendo a primeira o 8 de abril, 13 de maio e 10 de xuño todas elas ás 18.00 horas. Estas visitas requiren inscrición previa chamando ao 981 206 274 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
|






A Concelleira destacou a intensa actividade lectora na Coruña que conta con dez bibliotecas públicas unha de las sendo a súa vez a máis antiga do Estado como é o caso da Biblioteca da Casa do Consulado. Así mesmo, a feira lo libro coruñesa está como a terceira máis importante de todo o Estado e segundo datos dun recente estudio, A Coruña conta con maior número de librerías por número de habitantes.