| O polideportivo da Sagrada Familia acolle esta fin de semana a XVII Copa do Mundo de Esgrima |
|
|
|
| Mércores, 03 Febreiro 2010 18:09 | |||
O CONCELLEIRO DESTACOU A PARTICIPACIÓN DE CERCA DUN CENTENAR DE TIRADORES PROCEDENTES DUNHA VEINTENA DE PAISESO Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, presentou esta mañá a ‘XVII Copa do Mundo de Esgrima. Florete Masculino. Cidade da Coruña’ que un ano máis se celebrará no Polideportivo Municipal Sagrada Familia os vindeiros días 6 e 7. O Concelleiro destacou o carácter internacional desta competición de esgrima categoría A, puntuable para a Copa do Mundo e na que se espera a participación de cerca dun centenar de tiradores procedentes de 20 países.A proba consistirá dunha fase clasificatoria o sábado da que estarán exentos os 16 primeiros da Copa do Mundo, seguida dun cadro de eliminación directa de 128 tiradores, ata que queden en liza 48 tiradores que, unidos ós 16 exentos, conformarán un cadro de eliminación directa de 64 tiradores que se disputará o domingo, ata a determinación do vendedor. A competición celebrarase no pavillón dos deportes da Sagrada Familia, unhas instalacións perfectamente adaptadas para a proba. A esgrima é o único deporte Olímpico de orixe Español. O Concelleiro de Deportes lembrou así mesmo o compromiso do seu departamento con este deporte anunciando a construción de dous locais dun Centro de Especialización de tecnificación deportiva, un dedicado a esgrima e outro a halterofilia, cun investimento de 522.000 euros e que estarán situados no edificio da Casa da Auga e que darán servizo non só a deportistas locais senón a toda a comunidade. Unhas instalacións que asegurou o responsable de Deportes “serán as mellores de Galicia e das mellores do Estado”.
|






O Concelleiro destacou o carácter internacional desta competición de esgrima categoría A, puntuable para a Copa do Mundo e na que se espera a participación de cerca dun centenar de tiradores procedentes de 20 países.