|
Xoves, 18 Febreiro 2010 15:09 |
A PROBA QUE ESTE ANO CHEGA A SÚA 92 EDICIÓN ELIXIU A CORUÑA PARA A SÚA CELEBRACIÓN ESTE ANO QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 7 DE MARZO E NA QUE SE ESPERA UNHA PARTICIPACIÓN DE MÁIS DE 750 ATLETAS A Concellaría de Deportes que dirixe o nacionalista Xan Xosé Martínez Caxigal, organizará o vindeiro 7 de marzo o ‘Campionato de España de Campo a través’ que este ano chega a súa 92 edición e no que se prevé que participen máis de 750 atletas de todo o Estado.
Esta proba terá lugar no circuíto da Torre de Hércules no tramo que vai dende a ladeira da Torre ata o monumento aos represaliados do Campo da Rata. Para o acondicionamento do circuíto a Escola Obradoiro ‘Contorna Torre de Hércules’ leva traballando dende o pasado mes de novembro a fin de que todo estea en perfectas condicións para a realización da proba.
|