Xan Martinez Caxigal

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Deportes O Coliseo acollerá o vindeiro 8 de maio X’Treme Tour Freestyle Championship
O Coliseo acollerá o vindeiro 8 de maio X’Treme Tour Freestyle Championship PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Marzo 2010 17:37

O CONCELLEIRO DE DEPORTES, XAN XOSÉ MARTÍNEZ CAXIGAL, PRESENTOU ESTA MAÑÁ O EVENTO QUE CONTARÁ CON SEIS PILOTOS DE FAMA MUNDIAL


O Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, presentou esta mañá o X’Treme Tour, Freestyle Championship que terá lugar o vindeiro 8 de maio a partir das 20.00 horas.


O Freestyle-MX é a modalidade deportiva de estilo libre de motocross onde os pilotos realizan numerosas figuras no aire impensables fai tan só uns anos, cun alto índice de perigosidade. É sen dúbida un dos eventos deportivos motociclistas de máis auxe na actualidade.O motocross deu paso ao supercross, e éste dou paso ao Freestyle-X’Treme que un ano máis visitará o Coliseo coruñés.

No X’Treme Tour Championship da Coruña adoptouse unha filosofía diferente coa unión do Concello da Coruña, Max Produccións, Twenty Events e Coliseo que farán posible a súa posta en escena cun prezo notablemente inferior a  outras citas sendo, tal e como destacan desde a organización, é o evento destas características co prezo de entrada máis reducido de España.

X’Treme Tour Championship de A Coruña conta con seis sensacionais pilotos como son o sevillano Dany Torres, o francés Remy Bizouard, o americano Wiley Fullmer, o xaponés Daice Suzuki, o barcelonés José miralles (considerado entre os dez mellores pilotos do mundo), ademais de Eugenio Zafra.Esta edición do X’Treme Tour Championship de A Coruña terá un formato de competición con tres ramplas de lanzamento que farán posible unha gran variedade de saltos desde os 4 aos 22 metros de lonxitude.