Enrique Tello Leon

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Emprego
Novas Emprego
O Centro Municipal de Emprego abre o prazo de inscrición da cuarta convocatoria de cursos de Formación Ocupacional do 2010 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Xuño 2010 16:34
O Centro Municipal de Emprego abre o prazo de inscrición da cuarta convocatoria de cursos de Formación Ocupacional do ano 2010 cun total de prazas ofertadas de 400 e nas que se inclúe 25 accións formativas para residentes no Concello da Coruña e inscritos no Servizo Público de Emprego sexa como persoas desempregado ou con Mellora de Emprego.

O Prazo de inscrición vai dende hoxe ata o vindeiro 30 de xuño, ambos incluídos.

A selección de candidaturas farase mediante un proba de suficiencia básica de nivel, en xeral, de 7º de EXB/1º da ESO, unha entrevista aos que superen a mesma e a aplicación dun baremo consistente no recoñecemento da antigüidade no paro ou da Experiencia Laboral ata un máximo de 36 meses.

Recóllense nesta convocatoria unha variada oferta de cursos. Algúns iniciaranse no mes de xullo, como os cursos básicos de prevención de riscos laborais e alfabetización dixital. O resto da oferta iniciarase entre setembro e outubro.
Ler máis...
 
O Primeiro Tenente de Alcalde asinou dous convenios de colaboración con Caixa Galicia e Caixanova PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Maio 2010 15:26

ENMARCANSE DENTRO DA REDE CORUÑA EMPREGA E POSIBILITARÁN A REALIZACIÓN DE CEN HORAS DE FORMACIÓN, FORMACIÓN ESPECÍFICA E PRÁCTICAS DAS QUE SE BENEFICIARÁN 150 PERSOAS



O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, Henrique Tello, asinou esta mañá dous convenios de colaboración dentro da Rede Coruña Emprega, un con Manuel Aguilar en representación de Caixa Galicia , e outro con Lino Comesaña por Caixanova.A través destes convenios establecese a realización por parte das dúas entidades dun total de 100 horas (50 por cada un dos convenios) de formación transversal en ‘Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación’ nas que participarán 150 persoas usuarias dos Itinerarios Integrados de Inserción sociolaboral.

 

UNIDOS POLO EMPREGO


Rede Coruña Emprega é un proxecto no que están adheridas vinte entidades económicas e sociais da cidade e cun orzamento de 2.025.000 euros dos que un 20 por cento é aportado polo Concello e o 80 por cento restante pola Unión Europea.

Esta Rede estará conformada polas Concellerías de Promoción Económica e Emprego, de Servizos Socias e de Igualdade e Participación Cidadá, xunto coas principais entidades públicas e privadas do territorio, e baseada no compromiso, a concertación, o benestar social, a innovación e a calidade.O obxectivo desta Rede é consolidar unha base de traballo común, que xere confianza entre os axentes participantes e que posibilite o establecemento do Pacto Local polo Emprego na cidade da Coruña.

O proxecto conta con tres grandes áreas de actuación: os itinerarios de inserción sociolaboral, o Pacto Local polo emprego e a elaboración de dous Estudos Técnicos.

Ler máis...
 
O Primeiro Tenente de Alcalde asinou sete convenios de colaboración esta mañá con diversas entidades sociais PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Maio 2010 16:16

ENMÁRCANSE DENTRO DA REDE “CORUÑA EMPREGA” E POSIBILITARÁN A REALIZACIÓN DE 820 HORAS DE  FORMACIÓN ESPECÍFICA OCUPACIONAL, 290 HORAS DE PRÁCTICAS PROFESIONAIS TITORIZADAS E 300 HORAS DE FORMACIÓN TRANSVERSAL


ESTES CONVENIOS BENEFICIARÁN A UN TOTAL DE 595 PERSONAS DOS ITINERARIOS INTEGRADOS DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL


O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, Henrique Tello, asinou esta mañá convenios de colaboración dentro da Rede Coruña Emprega, coas entidades Fundación Mulleres, Ecos do Sur, Cáritas, Cruz Vermella, Equus Zebra, Cogami, e Ecodesarrollo Gaia.A través destes convenios establecese a realización de diversos cursos. Así, Fundación Mulleres impartirá a través deste convenio 100 horas de formación transversal ou complementaria en ‘Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres’ a 150 persoas dos Itinerarios Integrados de Inserción sociolaboral. Ecos do Sur impartirá 50 horas de formación transversal en ‘Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social’ a 75 persoas destes Itinerarios. Equus Zebra pola súa banda realizará outras 50 horas de formación centradas ‘Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social’ a 75 persoas. O convenio asinado coa entidade Ecodesarrollo Gaia establece a realización dun total de 100 horas de formación transversal ou complementaria en ‘Coidado e respecto ao Medioambiente’ a 150 persoas usuarias dos Itinerarios Integrados de Inserción sociolaboral.
Ler máis...
 
O Primeiro Tenente de Alcalde asinou esta mañá un convenio de colaboración coa UDC dentro da Rede Coruña Emprega PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Abril 2010 21:29

ESTABLECE A REALIZACIÓN DUN ESTUDO SOBRE O IMPACTO DO PORTO EXTERIOR NO EMPREGO NA CIDADE DA CORUÑA E OUTRAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO



O PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE, HENRIQUE TELLO, E O REITOR DA UDC, JOSÉ MARIA BARJA, COINCIDIRON EN SINALAR A IMPORTANCIA DESTA INICIATIVA PARA ATOPAR UNHA SOLUCIÓN A ACTUAL SITUACIÓN DE CRISE E LOITAR CONTRA O AUMENTO DO ÍNIDICE DO PARO


O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, Henrique Tello, asinou esta mañá un convenio de colaboración dentro da Rede Coruña Emprega co Reitor da UDC, José María Barja, a través do que establecese a realización o ‘Estudo sobre o impacto do Porto Exterior no emprego na cidade da Coruña e outras oportunidades de negocio’.Este traballo inclúe o análise documental que sirva como contextualización previa á análise do impacto económico e territorial da prestación de servizos no Porto Exterior da Coruña, o resultado da análise do impacto dos novos servizos portuarios sobre o tecido produtivo existente na cidade da Coruña e o estudo das novas tendencias en canto á especialización profesional relacionada coas actividades portuarias, execución dunha obra pública de nova construción, reedificación dos terreos do actual porto, infraestruturas do transporte porto-aeroporto-estrada-ferrocarril- infraestruturas do transporte porto-cidade e porto-área metropolitana.

O  Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, incidiu tras a sinatura do convenio na importancia do mesmo xa que dotará ao Goberno local cun estudio serio e rigoroso sobre o impacto do porto exterior no mundo laboral o que permitirá orientar e adecuar a formación que se ofrece a través do Servizo Municipal de Promoción Económica e Emprego e das entidades da Rede Coruña Emprega ás necesidades e demandas reais das empresas facilitando e impulsando a súa inserción laboral unha vez rematados os procesos formativos o tempo que se aumenta a cualificación e especialización dos traballadores nas empresas.
Ler máis...
 
O Primeiro Tenente de Alcalde asina tres convenios de colaboración cos sindicatos UGT, CC.OO. e CIG dentro da Rede Coruña Emprega PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Abril 2010 15:58

A TRAVÉS DESTES CONVENIOS ESTANSE A REALIZAR CINCO CURSOS CON FORMACIÓN ESPECÍFICA E PRÁCTICAS EN ENTORNO REAL NOS QUE ESTÁN A PARTICIPAR 75 PERSONAS INCLUÍDAS NOS ITINERARIOS INTEGRADOS DE INSERCIÓN LABORAL


O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, Henrique Tello, asinou esta mañá tres convenios de colaboración dentro da Rede Coruña Emprega, cos representantes dos tres sindicatos, Xosé Manuel Lado de CC.OO., Paulo Carril da CIG e José Carrillo da UGT.A través destes convenios estánse a realizar cinco cursos. No caso de CC.OO. o curso consta de 1.070 horas de formación específica nas especialidades de ‘Electricista de edificios’ (870 horas) e ‘Instalación de enerxías renovables en edificios’ (200 horas). Ademais, contarán con dous módulos de práctica profesional titorizada en empresas do sector no que se realiza a formación específica ocupacional, cunha duración de 210 horas, garantindo as prácticas a todo o alumnado.

O convenio asinado coa CIG establece a realización de dous cursos nos que se impartirán un total de 920 horas de formación específica ocupacional nas especialidades de ‘Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas’ (420 horas) e ‘Soldadura con máquinas semiautomáticas mag/mig’ (200 horas). Tamén inclúen prácticas profesionais titorizadas en empresas do sector cunha duración de 225 horas.

O terceiro dos convenios asinado coa UGT establece a realización dun curso con 420 horas de formación específica ocupacional nas especialidades de ‘Instalación de elementos de carpintería’ con 105 horas de práctica profesional titorizada en empresas do sector.

Nos cinco cursos participan un total de 75 persoas desempregadas que, ademais de recibir unha formación específica, terán tamén un período de prácticas en entorno real. Os convenios establecen tamén o compromiso por parte das empresas de intentar acadar o 40 por cento de inserción laboral dos participantes nos cursos.
 
O Primeiro Tenente de Alcalde recibiu esta mañá a unha delegación de Antioquia (Colombia) no Centro Municipal de Emprego PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Abril 2010 23:17

A DELEGACIÓN DO PROXECTO ERICA (ESPAÑA Y SUS REGIONES INTERCAMBIAN CONOCIMIENTOS CON ANTIOQUIA) INTERESOUSE POLO FUNCIONAMENTO DO CENTRO E AS ACTIVIDADES DESENVOLTAS DESDE A CONCELLARÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO


OS REPRESENTANTES DE ANTIOQUIA EXPLICARON A HENRIQUE TELLO QUE SE INTERESARON POLA SÚA CONCELLARÍA COMO EXEMPLO DE BOAS PRÁCTICAS EN TEMAS DE EMPREGO E PROMOCIÓN ECONÓMICA


O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, recibiu esta mañá no Centro Municipal de Emprego á delegación procedente de Antioquia (Colombia) integrada no proxecto ERICA (España y sus Regiones Intercambian Conocimientos con Antioquia) e que amosaron o seu interese en coñecer de primeira man o funcionamento do centro e as actividades impulsadas desde a Concellaría de Promoción Económica e Emprego da que Henrique Tello é responsable.No encontro, os representantes do departamento colombiano explicaron ao Primeiro Tenente de Alcalde que o motivo que os levaron a incluír a visita ao Concello da Coruña na súa viaxe a España era que tiñan identificada a actividade da Concellaría de Promoción Económica e Emprego como exemplo de boas prácticas.

Por iso, interesáronse polas distintas accións desenvoltas no Centro co obxectivo de poder adaptalas a Antioquía co fin de especializar a súa institución e mellorar a súa atención ao cidadán.

O Primeiro Tenente de Alcalde explicoulles non só o funcionamento do centro senón tamén aspectos referidos ao financiamento do mesmo e os servizos que ofrece aos cidadáns non só na información e axuda na procura de emprego, senón tamén o asesoramento a emprendedores, cursos de formación, servizo sms de aos usuarios de información sobre ofertas de traballo...
Ler máis...