Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Todo o Grupo Municipal
Novas Grupo Municipal
Turismo da Coruña participará mañá na Asemblea anual do Spain Convention Boureau que se celebra en Zaragoza PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Xuño 2010 16:53
Turismo da Coruña participa no Foro Mice (Meetings, Incentives, Congreses and Events) que se celebra en  Zaragoza durante esta semana. Este foro está dirixido aos profesionais asociados ao SCB (Spain Convention Bureau), a todas as empresas asociadas aos  Convention Bureaux de España, e en xeral a todos os profesionais do sector do Turismo de reunións de España.

O obxectivo deste foro é debater temas candentes e  de máxima actualidade no mercado  nacional.  No encontro expoñeranse as distintas tendencias que se observan nos  diferentes mercados como o asociativo, o de congresos, o corporativo e o de eventos. Cómo consolidar un destino a nivel internacional, así como a evolución das viaxes de incentivos, o  impacto que a economía ten no sector e a importancia real das sociais como nova vía de promoción.
Ler máis...
 
Henrique Tello clausurou os programas de difusión da cultura emprendedora nos que participaron 1.235 alumnos e alumnas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Xuño 2010 16:20
Hoxe tivo lugar o acto de clausura dos Proxectos 'Xera, Obradoiros de Iniciativas Empresariais, Atrévete e Inicia’ da Concellaría de Promoción Económica e Emprego que dirixe Henrique Tello e nos que participaron un total de 1.235 alumnos e alumnas.O acto celebrouse na Fundación de Caixa Galicia e participou alumnado e profesorado participante nos Programas Xera, Obradoiros de Iniciativas Empresariais, Atrévete e Inicia. Dentro deste último, enmárcase tamén a entrega, no mesmo acto, da III Edición dos Premios Formación para Emprender aos mellores proxectos presentados nas tres categorías: Premio á Idea Orixinal e natureza innovadora do proxecto; Premio á Mellor Viabilidade técnica e económica-financeira; e Premio á Mellor Presentación do proxecto.

Servizo de Promoción Económica do Concello da Coruña desenvolve, en colaboración con BIC Galicia e co cofinanciamento da Deputación da Coruña, unha serie de programas cuxo obxectivo fundamental é incentivar o espírito emprendedor entre o alumnado en centros educativos que imparten ciclos de formación profesional, ensinanzas especiais e E.S.O.

A acollida destes programas por parte dos centros educativos pode cualificarse de excelente, superando incluso a demanda do anterior curso escolar.
Entre as novidades existentes neste período 2009-2010, cabe destacar que estes programas de difusión, non só se circunscribiron ós centros que desenvolven ciclos de formación profesional, senon que a oferta ampliouse á Escola de Artes e Deseño Pablo Picasso e, como experiencia piloto, a catro centros educativos que imparten 3º e 4º da E.S.O.
Ler máis...
 
Os Cantóns acollen o vindeiro sábado o XXIV Gran Premio Cantóns da Coruña PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Xuño 2010 15:56

O Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, presentou esta mañá o XXIV Gran Premio Cantóns da Coruña que terá lugar o vindeiro sábado 19 de xuño.

Xan Caxigal (dereita) e algúns dos participantes durante a presentación

As competicións arrancarán ás 16.45 horas cunha proba de dous Quilómetros da categoría Benxamín para homes e mulleres e prolongarase durante toda a tarde ata ás 18.30 horas hora a que terá lugar o Gran Premio Internacional.

O concelleiro animou a todos os coruñeses a asistir a esta gran proba de Marcha e ver en directo a participación de atletas internacionais chegados de todas partes do mundo.

 
Henrique Tello presentou o VIII de Tapas Picadillo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Xuño 2010 17:16

Por primeira vez contará cunha dotación económica


O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, presentou hoxe o VIII Concurso de Tapas Picadillo que por primeira vez contará cunha dotación económica de 1.500 euros para cada un dos gañadores.

O concurso está aberto a todos os establecementos hostaleiros da Coruña é ten como obxectivo a promoción da hostalería e o  pequeno comercio na época do ano no que máis visitantes recibe a  nosa cidade.  Esta iniciativa pretende ser un revulsivo para a economía coruñesa xa que, tal e como salientou Henrique Tello, o ano pasado os establecementos participantes acadaron un incremento no seu volume de negocio de 200.000 euros, supoñendo para moitos deles un salto cualitativo no seu futuro.

A inscrición  realizarase ata o 20 de xuño na Oficina Técnica do Concurso de Tapas.  Tanto a solicitude de inscrición como as bases do concurso poden descargarse da páxina web de turismo. As solicitudes para poder participar atenderanse por orde de chegada, ata un máximo de 50 participantes.
Ler máis...
 
Os xardíns de Méndez Núñez acollerán o vindeiro domingo a II Xornada do deporte Feminino na rúa ‘Xuntas facemos equipo’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Xuño 2010 16:57

A concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, e o Concelleiro de Deportes, presentaron esta mañá a II Xornada de Deporte Feminino que terá lugar o vindeiro domingo 20 de xuño, entre as 10 e as 14 horas nos xardíns de Méndez Núñez, e que se organiza en colaboración coa asociación MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas).

Xan Caxigal, Lis Franco e Margarida Vázquez nun momento da presentación

A concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, destacou a importancia deste evento de cara a acabar coa discriminación da muller no mundo da práctica deportiva que polo momento continúase a colocar nun segundo plano.

O Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, coincidiu en sinalar a importancia da realización deste tipo de xornadas de cara a concienciar sobre a necesidade de avanzar cara a igualdade en todos os ámbitos destacando a todavía indispensable implicación por parte das administracións neste tipo de accións que “ogallá chegue un momento en que non se teñan que facer nada para reivindicar o posto da muller no mundo do deporte porque significará que xa o terá”.

Ler máis...
 
A concelleira de Solidariedade recibe ao fundador de ACOES Honduras, Patricio Larrosa PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Xuño 2010 16:25

A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, recibiu esta mañá no Concello aos membros da ONG Acoes Honduras na Coruña e ao seu fundador Patricio Larrosa de visita na Coruña e quen quixo agradecer a propia concelleira o apoio recibido desde a súa Concellaría para o desenvolvemento de diversos proxectos en Honduras.O fundador da organización acompañado do presidente da delegación na Coruña, Luís Vázquez, explicaron a lamentable situación que se está a vivir en Honduras, un país cun alto porcentaxe de xoves pero con grandes problemas para acceder a educación o que fai perigar o seu futuro.

Actualmente a delegación coruñesa de Acoes Honduras está a financiar integramente un comedor infantil e unha escola nunha zona rural de Honduras ademais de coordinar desde a Coruña proxectos como Becas San Miguel que está a beneficiar a máis de 7.000 estudantes que sen estas axudas non poderían acceder a educación, e o programa de axudas a maiores tamén coordinado desde A Coruña.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>