Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio grupo municipal
Novas Grupo Municipal BNG A Coruña
A Casa Museo Casares Quiroga acolle a conferencia ‘Os republicanos ante a crise’
Martes, 13 Xullo 2010 15:42
A Casa Museo Casares Quiroga acolle mañá a conferencia ‘Os republicanos ante a crise’ organizada polo Centro de estudos históricos, políticos e de opinión Nuevos Republicanos.

Presentará o acto Celestino Poza Domínguez, Concelleiro de Cultura do Concello de Culleredo e contará coa intervención de Javier Ruipérez Alamillo, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña e membro do Ateneo Republicano de Galicia.

A cita será mañá mércores 14 de xullo ás 20.30 horas na Casa Museo Casares Quiroga.
 
O Consorcio de Turismo aproba as base para a contratación da súa xerencia
Luns, 12 Xullo 2010 16:33
O Consorcio de Turismo,  na súa última Xunta de Goberno do pasado 9 de xullo, aprobou  as bases para a contratación da persoa que ocupara a xerencia do consorcio. As bases poden descargarse dende hoxe  na páxina web de Turismo. O anuncio da convocatoria publicarase en tres diarios da maior difusión.

Entre os obxectivos do Consorcio figura a procura dunha xerencia que teña un profundo coñecemento do Plan Director de Turismo e que sexa quen de implementalo coa incorporación das novas tecnoloxías.

Ademais  a persoa seleccionada terá que ter unha gran capacidade de organización, planificación e xestión económica para manter o excelentes resultados turísticos que ten obtido  o Consorcio dende primeiros de ano.
 
O Xurado do Concurso de Tapas Picadillo visitará o 14 de xullo os establecementos finalistas
Luns, 12 Xullo 2010 16:17

O xurado designado  para o concurso de Tapas Picadillo visitará  o mércores 14, de 10 a 16 horas  os establecementos que quedaron finalistas tanto na modalidade de Tapas Creativas como de Tapas Tradicionais.

O xurado está integrado por  Luís Padín (experto en gastronomía); Taky (cociñeiro de Boketé catering); Luís Veira (cociñeiro do Restaurante Alborada); Cristóbal Atienza (secretario da Asociación de Prensa da Coruña) e Mario López Rico (concelleiro de Reabilitación Urbana e Vivenda).

Ler máis...
 
Seis empresas optan ao concurso de Marca da Cidade
Venres, 09 Xullo 2010 17:01

Seis empresas optan ao concurso para a creación da Marca de Cidade da Coruña. A xunta de goberno do Consorcio de Turismo, o órgano designado para supervisar este procedemento, abriu hoxe os sobres que conteñen as propostas técnicas para a creación da Marca.

Unha vez corrixidos os erros administrativos das empresas que se presentaron,  as seis que resultaron válidas para a súa participación no concurso foron as seguintes:  UTE Vorago Tecnología S.L+White Spirit S.L;  Idea Creatividad y Comunicación S.L; Ninfa, Riveiro, Martínez S.L; Consultoría en imagen, acción y comunicación S.A; Item Aga S.L; Be Republics Networks S.L.

A partir de agora un Comité de Expertos, integrado por profesionais altamente cualificados avaliará cada unha das propostas presentadas.

O concurso conta cun orzamento de  35.000 euros (sen IVE). A Marca de Cidade  deberá proxectar a imaxe coa da Coruña para atraer aos  potenciais turistas. A creación da marca  é a principal prioridade establecida no  Plan Director de Turismo, polo que A Coruña entra así nunha etapa sumamente importante para o seu futuro como destino turístico.

A Xunta de Goberno avaliou tamén como moi positivos os datos do Turismo coruñés no pasado mes de Xuño. Neste sentido compre salientar que no pasado mes incrementouse a ocupación hoteleira na Coruña un 10,52€ fronte ao ano pasado e case 30.000 turistas que en 2009, teñen visitado A Coruña no presente ano.

A nova Marca turística da cidade da Coruña, debe servir para un grande lanzamento publicitario da Coruña a partir do mes de setembro, en preparación da campaña turística para o 2011 que, como en anos anteriores, será presentada en FITUR.

 
Remata a formación do primeiro equipo de Mediación en en Conflitos Veciñais da Coruña
Venres, 09 Xullo 2010 13:13

O día 7 de xullo rematou a formación dos voluntarios e voluntarias que formarán o equipo de mediación en conflitos veciñais, recurso que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá porá en marcha no mes de setembro.

O proceso formativo dos futuros mediadores e mediadoras veciñais deu comezo no mes de maio, abordando temáticas sobre emocións, comunicación, resolución de conflitos, lexislación e, neste último módulo, sobre a mediación veciñal en contextos interculturais.

Na formación, impartida por profesionais de recoñecido prestixio, empregouse unha metodoloxía totalmente participativa, co obxecto de capacitar ao alumnado para as futuras actuacións nos procesos de resolución de conflictos veciñais.

Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá expresouse o agradecemento ás persoas que se involucraron e implicaron neste proxecto, a Alba, Alfredo, Carmen, Inma, Juan, Luis, Manuel, Merce, Mercedes, Pablo e Rosa, e polo grande traballo que están a realizar.
 
Subliñaron, así mesmo, desde a concellaría que todas estas persoas forman un magnífico grupo de mediadoras e mediadores veciñais, e serán quenes formen parte da primeira equipa voluntaria-profesionalizada do programa.

 
O vindeiro domingo clausúrase a exposición de Isabel Coixet ‘From I to J’
Venres, 09 Xullo 2010 13:00

O vindeiro domingo clausúrase a exposición de Isabel Coixet ‘From I to J’

O vindeiro domingo clausúrase a exposición de Isabel Coixet ‘From I to J’ na que a cineasta rende unha homenaxe persoal ao escritor, pensador e artista John Berger.

Un momento da inauguración da exposición o pasado 10 de xuño

Máis de 4.000 persoas pasaron nestes días pola antiga prisión provincial para ver a exposición e participar nos distintos actos que se organizaron arredor da mesma.

A instalación neste espazo carcerario, escenario ideal para recrear a experiencia sensorial do texto de Berger ‘From I to J’, sorprendeu ao público asistente non podendo subtraerse ás experiencias e vivencias das moitas persoas que pasaron pola cárcere, pagando coa privación da liberdade, e en ocasións coa propia vida, a defensa das súas ideas.

A mostra organizada pola Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia e Raíña Lupa Edicións, poderá visitarse ata o domingo en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>