|
Luns, 14 Setembro 2009 13:33 |
As accións de Promoción da cidade teñen un importe de 2 millóns de euros, e realízanse a través do Capítulo 2 (547.000€) e dos Convenios coa Deputación, co Ministerio de Cultura e co Plano de Dinamización Turística.
Os 8.000€ aos que se refire o PP, son destinados a obras de mantemento e pequenas reparacións. De ser certa esta manipulación, o Presidente do Consorcio de Turismo, entende que debería optar ao Premio Nóbel de Economía, por realizar tanta actividade con tan pouco diñeiro.
Tello advirte a Negreira que “coide as súas contas”, porque os únicos chiringuitos que coñecen os coruñeses son os que monta o PP co caso Gurtel e con PalmaArena
O Consorcio de Turismo lamenta a incapacidade de Negreira para entender as contas municipais, cando afirma que unicamente se dedican 8.000€ a promoción da cidade. Negreira e o PP deberían saber que os cartos destinados a promover a Coruña están no Capítulo 2 (Gastos en Servizos) e non no Capítulo 6 (Investimentos), dado que este capítulo é unicamente para obras e construccións.
Precisamente as obras e construccións en 2009, por importe de 400.000€ realízanse a través do FEIL, xerando así un importante aforro ao Consorcio e ás arcas municipais.
Tal e como se informou na aprobación dos orzamentos municipais, o Consorcio dedica este ano 2 MILLONS DE EUROS a promoción da cidade a través de fondos propios (547.000€ e a través de TRES CONVENIOS co Ministerio de Cultura, coa Deputación e co Plan de Dinamización por importe dun MILLÓN E MEDIO DE EUROS).
Resulta incríbel esta manipulación das partidas, cando unha soa das accións realizadas por Turismo, supera con moito a cantidade que afirma o PP. O que por certo, grazas á colaboración e profesionalidade do sector turístico, provocou un balance razoablemente positivo do turismo na Coruña, a pesares da crise.
De ser certa esta manipulación, afirma o Presidente do Consorcio, “optariamos ao Premio Nóbel de Economía, por facer tanto con tan pouco diñeiro”. Tello lémbralle a Negreira que se quedou só nas súas críticas ao estado da Torre de Hércules e ás súas posibilidades de ser Patrimonio da Humanidade, porque prefería que non fose declara Patrimonio da Humanidade para criticar así ao Goberno Local.
Así mesmo lémbralle que coide a súa contabilidade, porque os únicos “chiringuitos” que se coñecen na Coruña son os montados polo PP a través do caso Gurtel e de Palma Arena, que teñen en prisión a militantes do PP e provocaron a dimisión de altos cargos dese Partido.
|