|
Luns, 28 Xuño 2010 17:22 |
A concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá o a Diagnose de Xénero que está a promover e coordinar o seu departamento para a elaboración do II Plan de promoción da equidade entre mulleres e homes do Concello da Coruña que a concelleira prevé estea aprobado antes de final de ano. Coa creación da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, o Concello adquiriu o compromiso de traballar firmemente a favor da igualdade entre mulleres e homes no noso concello, aínda seguen a darse desigualdades que afectan e limitan as posibilidades reais de desenvolvemento de ambos sexos en moitos ámbitos da vida, cunhas consecuencias máis recoñecidas publicamente ca outras. Todo isto como resultado dunha sociedade androcéntrica e aínda discriminatoria en termos de xénero, onde polo xeral a peor situación a sofren as mulleres.
Dito Plan será o instrumento onde se concretarán as medidas que dende o Concello da Coruña, se realizarán nos vindeiros anos en materia de igualdade entre mulleres e homes, téndose fixado o obxectivo de ter dito instrumento rematado e posto en marcha antes de que finalice este ano 2010.
Será un plan de carácter externo, é dicir, para a cidadanía, para as mulleres e homes de todas as idades e de todos os colectivos que residen no noso municipio e do que se beneficiarán todas as asociacións, institucións e empresas que desenvolven a súa actividade no noso municipio. Quérese facer partícipes dun modo explícito aos homes da nosa cidade para que eles sexan tamén axentes do cambio que necesita Coruña, pois a igualdade beneficia a todas e todos.
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 16 Xuño 2010 16:57 |
|
A concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, e o Concelleiro de Deportes, presentaron esta mañá a II Xornada de Deporte Feminino que terá lugar o vindeiro domingo 20 de xuño, entre as 10 e as 14 horas nos xardíns de Méndez Núñez, e que se organiza en colaboración coa asociación MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas). Xan Caxigal, Lis Franco e Margarida Vázquez nun momento da presentación
A concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, destacou a importancia deste evento de cara a acabar coa discriminación da muller no mundo da práctica deportiva que polo momento continúase a colocar nun segundo plano.
O Concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, coincidiu en sinalar a importancia da realización deste tipo de xornadas de cara a concienciar sobre a necesidade de avanzar cara a igualdade en todos os ámbitos destacando a todavía indispensable implicación por parte das administracións neste tipo de accións que “ogallá chegue un momento en que non se teñan que facer nada para reivindicar o posto da muller no mundo do deporte porque significará que xa o terá”. |
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 09 Xuño 2010 11:59 |
Que a violencia machista non entende de fronteiras nin límite xeográfico algún é algo que todos e todas compartimos. Sen embargo, o feito de que un caso como o ocorrido onte no noso Paseo Marítimo, moi perto da Domus, lémbranos que ninguén está libre absolutamente de verse nunha situación como a que viviu onte na Coruña H.G.E., de 32 anos, ou como a que están vivindo moitísimas mulleres día tras día, ano tras ano.
A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, e por extensión o Concello da Coruña na súa totalidade, queren transmitir a súa dor e rexeitamento para feitos delitivos como este e quere poñerse a disposición da vítima e das súas persoas máis próximas, especialmente as súas fillas menores, para todo o apoio ou asesoramento que precisaren, desexando, unha vez máis, que sexa este o último caso de violencia machista que aconteza nas nosas vidas. |
|
Venres, 04 Xuño 2010 19:23 |
A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Margarida Vázquez, inaugurou as xornadas "Observatorio", actividade incluída na programación do (S8) 1º Festival de Cinema Periférico.  Estas dúas xornadas, que se celebrarán hoxe e mañá a partir das 12:00 horas na sede da Fundación Caixagalicia, son promovidas desde a nosa Concellaría e desenvólvense paralelamente ás actividades do Festival realizadas no antigo cárcere da Coruña.
OBSERVATORIO. “ALL I WANT TO DO IS SHOW MY VIDEO”
Un dos déficits estructurais do audiovisual independente no noso país é a inexistencia dunha rede de difusión sólida e estable que permita que as obras dos creadores atopen o seu público. Así, o papel dos diferentes intermediarios -distribuidoras, espazos de exhibición e medios de comunicación- é chave para normalizar a producción e a recepción das novas prácticas artísticas. Para examinar e paliar estas deficiencias, o (S8) Mostra de Cinema Periférico conta entre as súas actividades paralelas co Observatorio, un punto de encontro entre os creadores independentes e unha serie de iniciativas profesionais abertas á linguaxe audiovisual máis innovadora. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 21 Maio 2010 19:03 |
Margarda Vázquez, concelleira de Igualdade e Participación destacou o que este proxecto significa de dignificación das institucións penitenciarias e do conxunto da sociedade O Teatro Rosalía de Castro acollerá mañá ás 19.00 horas a representación da obra ‘Europaz’ da compañía de teatro Yeses, da penitenciaría de Madrid I Mulleres (Alcalá de Henares) como homenaxe a Carmela Arias, presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza falecida o pasado ano. Esta representación conta coa colaboración do Concello da Coruña, a Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Paideia e enmárcase dentro da xira galega que a compañía inicia hoxe en Narón, seguida da que terá lugar mañá na Coruña e visitará tamén Santiago, Vigo, Pontevedra, Monterroso, Bonxe, A Lama, Pereiro de Aguiar e Teixeiro.
Na foto, de esquerda a dereita, Dona (actriz), Alejandra Juno (autora da obra), Margarida Vázquez, JavierLópez Martínez (director Xeral da Fundación Barrié), Elena Cánovas (directora do grupo Teatro Yeses), Jenifer (actriz) e Gloria (actriz) Margarida Vázquez, concelleira de Igualdade e Participación, que asistiu esta mañá a presentación da obra destacou a importancia deste tipo de proxectos coas que “se dignifica ás institucións penitenciarias e a toda a sociedade nunha aposta firme pola reinserción, rachando as barreiras entre as mulleres que están intramuros e as que están fora destes muros”.
Esta acción é ademais unha homenaxe á figura de Carmela Arias e Díaz de Rábago, presidenta da Fundación Barrié falecida en outubro de 2009, quen impulsou numerosas e continuas iniciativas nas penitenciarías de Galiza. Unha muller que amosou desde sempre unha extraordinaria sensibilidade coa situación das persoas internas, nos que promoveu numerosas accións formativas e ocupacionais.
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 12 Maio 2010 14:43 |
A CONCELLEIRA, MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU O NOVO ESPAZO WEB ESTA MAÑÁ QUE SE SUMA AOS ESPAZOS XA EXISTENTES COMO OS BLOGS IGUALDADE CORUÑA, PARTICIPACIÓN CORUÑA OU MULLERES ARTE+PARTE ASI COMO UN CANAL PROPIO EN YOUTUBE, FACEBOOK E TWITTER
A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá a nova web da súa Concellaría, accesible desde a web municipal. Esta nova ferramenta para a promoción, difusión e intercambio de ideas súmase aos espazos xa existentes como os blogs Igualdade Coruña, Participación Coruña ou Mulleres arte+parte, así como un canal propio en youtube, facebook, cuns dous mil seguidores, ou twitter. A partir dun deseño inspirado na propia web municipal, de cara a manter ante os potenciais usuarios unha aparente relación co conxunto da web do Concello da Coruña, a Concellaría de Igualdade e Participación explora ao máximo as súas posibilidades procurando, por un lado “o acceso ao máximo de información con apenas dous clics”, como sinalou Margarida Vázquez, así como unha desexada interrelación e intercomunicación da Concellaría cos usuarios e usuarias da web mediante o uso de aplicacións que permiten comentar as noticias, abrir foros de debate, colgar enquisas, compartir as novas nas diferentes redes sociais, etc.
|
|
Ler máis...
|
|
|