|
Xoves, 08 Xullo 2010 17:06 |
Informarase sobre a entrevista mantida pola Concelleira de Mocidade co Director Xeral de Xuventude para tratar a situación do Centro Quérote da Coruña Mañá venres terá lugar un novo encontro do Foro da Mocidade no que a concelleira de Mocidade, Ermitas Valencia, informará do resultado da entrevista mantida co Director Xeral de Xuventude para tratar a situación do Centro Quérote da Coruña entre outros temas.
O Foro da Mocidade é un órgano de participación xuvenil aberto á mocidade, entidades de carácter xuvenil ou que dirixan a súa actividade, ou parte dela, aos mozos e mozas. Ten por obxecto facer chegar as opinións, inquedanzas e necesidades da mocidade; consultar, analizar e debater as políticas xuvenís do Concello da Coruña; e asesorar e propor medidas e accións.
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 06 Xullo 2010 18:24 |
A concelleira de Mocidade, Ermitas Valencia, ven de solicitar unha entrevista urxente co Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, diante do desmantelamento do Centro Quérote da Coruña.
O 29 de xuño, a Conselleira de Traballo Beatriz Mato e o Director Xeral de Xuventude Ovidio Rodeiro presentaban a desaparición dos Centros Quérote, que agora pasarán a chamarse Novos Centros Xuvenís e terán teoricamente un Centro de Información Xuvenil, un Espazo de Emancipación, un Celeiro da Creatividade, Zona net e Salas de Ensaio.
O Centro Quérote que existía na cidade, estaba situado na rúa Panadeiras e contaba con un servizo integral de atención afectivo sexual, con persoal especializado e cun horario de mañá e tarde, de luns a sábado.
Desde fai uns meses, o Centro Quérote da Coruña permanece pechado, abrindo unicamente unhas horas os luns e os venres e con grandes deficiencias de persoal, ao que hai que engadir a desaparición de todos os programas que se desenvolvían na Coruña. Ademais, o espazo que ocupa, adecuado para a finalidade que tiña inicialmente, dubidamos que poida acoller todos os servizos que a Consellaría pensa dar nos antigos Centros Quérote.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 28 Xuño 2010 16:54 |
|
A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, entregou esta mañá os premios do concurso de fotografía Rkunchos’10 que este ano recaeu en Miguel Pita (primeiro premio coa súa fotografía ‘Os luns, os martes, os mércores... ao sol’) e Pilar Rey (segundo premio pola súa fotografía ‘Relaxándome’).
Este concurso organizado pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, conta coa colaboración de RENFE Alta velocidad/Grandes líneas e o Consorcio de Turismo da Coruña.
Os gañadores recibiron de mans da concelleira un premio consistente en dous billetes de InterRail no caso do primeiro premio, e dous voos A Coruña-Londres-A Coruña para o segundo premio.
|
|
Martes, 15 Xuño 2010 16:25 |
|
A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, recibiu esta mañá no Concello aos membros da ONG Acoes Honduras na Coruña e ao seu fundador Patricio Larrosa de visita na Coruña e quen quixo agradecer a propia concelleira o apoio recibido desde a súa Concellaría para o desenvolvemento de diversos proxectos en Honduras. O fundador da organización acompañado do presidente da delegación na Coruña, Luís Vázquez, explicaron a lamentable situación que se está a vivir en Honduras, un país cun alto porcentaxe de xoves pero con grandes problemas para acceder a educación o que fai perigar o seu futuro.
Actualmente a delegación coruñesa de Acoes Honduras está a financiar integramente un comedor infantil e unha escola nunha zona rural de Honduras ademais de coordinar desde a Coruña proxectos como Becas San Miguel que está a beneficiar a máis de 7.000 estudantes que sen estas axudas non poderían acceder a educación, e o programa de axudas a maiores tamén coordinado desde A Coruña. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 14 Xuño 2010 15:53 |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, da que forma parte o Concello da Coruña a través da Concellería de Solidariedade que dirixe Ermitas Valencia, cofinanciará este ano cinco proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento no Perú, Nicaragua, Cabo Verde e Mozambique. As iniciativas agrúpanse en proxectos de cooperación indirecta, onde a entidade municipalista apoia economicamente as propostas de ONGDs galegas, e proxectos de cooperación directa, nos que o Fondo Galego traballa directamente con parceiros en países do SUR. Ata 23 solicitudes se presentaron este ano á convocatoria de cooperación indirecta, a maioría para actuacións en materia de formación e saúde en países latinoamericanos. O Fondo Galego acordou finalmente destinar 35.000 euros a un proxecto de Amigos Escaes Perú para o desenvolvemento de capacidades e mellora das condicións de vida en nove comunidades rurais da provincia de Ayabaca, Piura. Trátase de promover a alfabetización, a participación social e a equidade de xénero entre familias que viven na extrema pobreza, á vez que instalar 180 cociñas melloradas e diversificar a alimentación creando hortas e criadeiros de coellos. Axunica é a segunda organización beneficiada, que recibirá 6.750 euros para colocar 30 latrinas na comunidade nicaragüense de Tepalón, Granada. Este proxecto para mellorar as condicións sanitarias forma parte dun máis amplo que levou auga potable ás vivendas, comedores escolares e aulas de educación infantil.
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 09 Xuño 2010 14:04 |
A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, recibiu esta mañá ao portavoz de ‘Paiasos en rebeldía’ e director do Festiclown Palestina 2010, Iván Prado,a quen trasladou o apoio da súa Concellaría a organización deste festival que está previsto que se celebre entre o 25 e 31 de outubro en Cisxordania. Imaxe do encontro
Así, o vindeiro 20 de xullo celebrarase na Coruña un festival para recadar fondos para a realización do Festiclown en Palestina. Ademais, a Concelleira de Solidariedade, Ermitas Valencia, asistirá esta mesma tarde, ás 20.30 horas na Galería Sargadelos á proxección o documental ‘Masi: trashi que trashi!’ na que se narra a viaxe da organización ‘Paiasos en rebeldía’ a finais de abril coa intención de desprazarse a Palestina e proseguir coas accións encamiñadas á organización do Festiclown, e no que forzas de seguridade do país retivérono xunto á súa traductora no aeroporto de Ben Gurion durante seis horas e devolvéronos a España sen explicación algunha. Neste acto terá lugar a lectura dun manifesto a cargo de Xabier Docampo seguido dun coloquio no que se tratará a situación do pobo palestino. |
|
Ler máis...
|
|
|