Ermitas Valencia
mocidade e solidariedade

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Mocidade e Solidariedade O Nóbel da Paz Alternativo, Martín Almada, abrirá o ciclo Conversas Solidarias da Concellaría de Solidariedade
O Nóbel da Paz Alternativo, Martín Almada, abrirá o ciclo Conversas Solidarias da Concellaría de Solidariedade PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Marzo 2010 18:07

A CITA SERÁ MAÑÁ ÁS 20.30 HORAS NA CASA MUSEO CASARES QUIROGA


A Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística que dirixe a nacionalista Ermitas Valencia organizará mañá na Casa Museo Casares Quiroga unha conferencia do Nóbel da Paz Alternativo en 2002, Martín Almada, dentro do ciclo Conversas Solidarias. Deste xeito, o Ciclo Conversas Solidarias arranca o ano coa conferencia de Martín Almada,  un dos sobreviventes da Operación Cóndor, que levou o terror a todo o cono sur americano, con máis de cen mil vítimas.

Martín Almada é Premio Nóbel Alternativo da Paz en 2002 e descubridor dos arquivos secretos da Operación Cóndor en Paraguai en 1992. Membro do Comité Internacional de Apoio ao Tribunal Russell é un símbolo da defensa dos dereitos humanos de América Latina. Sufriu cadea e tortura ao consideralo o réxime do ditador paraguaio Alfredo Stroessner terrorista intelectual pola edición da súa tese de doutoramento “Paraguai: Educación y Dependencia” en 1974.  Exíliase a Panamá e logo a Francia como traballador da UNESCO até 1992 onde desenvolveu programas educativos para África e América Latina. Máis información en http://www.martinalmada.org

A conferencia co título “O cóndor segue voando” comezará ás 20.30h é está organizada co Cosal da Coruña. A entrada é libre até completar aforo.