Ermitas Valencia
mocidade e solidariedade

Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Mocidade e Solidariedade A Concelleira de Solidariedade colabora con ‘Paiasos en rebeldía’ para a celebración do Festiclown Cisxordania 2010
A Concelleira de Solidariedade colabora con ‘Paiasos en rebeldía’ para a celebración do Festiclown Cisxordania 2010 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Xuño 2010 14:04

A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, recibiu esta mañá ao portavoz de ‘Paiasos en rebeldía’ e director do Festiclown Palestina 2010, Iván Prado,a quen trasladou o apoio da súa Concellaría a organización deste festival que está previsto que se celebre entre o 25 e 31 de outubro en Cisxordania.

Imaxe do encontro

Así, o vindeiro 20 de xullo celebrarase na Coruña un festival para recadar fondos para a realización do Festiclown en Palestina. Ademais, a Concelleira de Solidariedade, Ermitas Valencia, asistirá esta mesma tarde, ás 20.30 horas na Galería Sargadelos á proxección o documental ‘Masi: trashi que trashi!’ na que se narra a viaxe da organización ‘Paiasos en rebeldía’ a finais de abril coa intención de desprazarse a Palestina e proseguir coas accións encamiñadas á organización do Festiclown, e no que forzas de seguridade do país retivérono xunto á súa traductora no aeroporto de Ben Gurion durante seis horas e devolvéronos a España sen explicación algunha. Neste acto terá lugar a lectura dun manifesto a cargo de Xabier Docampo seguido dun coloquio no que se tratará a situación do pobo palestino.


Iván Prado destacou a importancia de levar este festival a Palestina, un festival considerado como un dos mellores de Europa no que se conxugan elementos lúdicos e formativos pero que ademais supón un sopro de alento para a poboación palestina e unha mensaxe clara, que “a humanidade non lle da as costas a Palestina”.

“O humor, a risa, é o mellor alimento da esperanza e a esperanza e o mellor aliado para ter unha sociedade libre, por iso a algúns non lles gusta a idea de  que se celebre o Festiclown en Cisxordania” declarou Iván Prado quen concluíu subliñando que “este exercito de soñadores, este corpo de elite da esperanza, levarán liberdade ao pobo palestino en forma de actuación, de risa, de nariz de paiaso”.