|
Martes, 06 Xullo 2010 18:53 |
Os actos arrancan mañá para conmemorar os 90 anos da primeira vez que un concelleiro levou a lingua Galega ao Salón de Plenos da Coruña A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística realizará unha homenaxe a Lois Peña Novo organizada en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que terá lugar mañá día 7 e o día 8 de xullo.
A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia destacou o papel de Peña Novo na defensa da lingua galega sendo un dos integrantes das Irmandades da Fala que máis defendera a necesidade da intervención política dos nacionalistas e que resultou ser o primeiro membro do nacionalismo galego que ocupou un cargo público no ano 1920 cando foi elixido concelleiro do Concello da Coruña.
O 7 de xullo de 1920, Lois Peña Novo tomou posesión da súa acta como concelleiro no Concello da Coruña, data que xa naquel momento os membros das Irmandades consideraban histórica por levar por primeira vez a lingua galega a un Salón de Plenos.
Con esta homenaxe a Concellaría de Normalización Lingüística pretende estender o acto a todos os homes e mulleres que desde A Coruña traballaron por unha Galiza máis xusta, dignificando a nosa lingua e procurando levala a todos os eidos.
“Lois Peña Novo foi un deses bos e xenerosos que A Coruña tivo a honra de acoller facendo así do Concello da Coruña o primeiro en Galiza no que se utilizou a lingua galega no seu Salón de Plenos” destacou Ermitas Valencia.
|
|
Ler máis...
|
|
Sábado, 03 Xullo 2010 10:48 |
A concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, presentou a homenaxe a Lois Peña Novo organizada o seu departamento en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que terá lugar os días 7 e 8 de xullo. Ermitas Valencia destacou o papel de Peña Novo na defensa da lingua galega sendo un dos integrantes das Irmandades da Fala que máis defendera a necesidade da intervención política dos nacionalistas e que resultou ser o primeiro membro do nacionalismo galego que ocupou un cargo público no ano 1920 cando foi elixido concelleiro do Concello da Coruña.
O 7 de xullo de 1920, Lois Peña Novo tomou posesión da súa acta como concelleiro no Concello da Coruña, data que xa naquel momento os membros das Irmandades consideraban histórica por levar por primeira vez a lingua galega a un Salón de Plenos.
Con esta homenaxe a Concellaría de Normalización Lingüística pretende estender o acto a todos os homes e mulleres que desde A Coruña traballaron por unha Galiza máis xusta, dignificando a nosa lingua e procurando levala a todos os eidos.
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 02 Xuño 2010 14:16 |
Obradoiros, contacontos e o espectáculo musical infantil de almudena Janeiro, compoñen este que se achegará a Monte Alto e o Agra do Orzán O programa O galego medra contigo!, que organiza a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, busca promover a transmisión interxeneracional da lingua galega e na importancia de que aos nenos e nenas se lles fale galego na casa, para así transmitirlles a nosa lingua.
Todas as familias que participen nas actividades recibirán unha unidade didáctica e diferentes materiais para que os pais e nais poidan continuar a actividade na casa.
O sábado 5 de xuño ás 11.30h na AA.VV. Agra do Orzán (r/Entrepenas, 38) teremos o Contacontos "Paula e as Palabras que levou o vento" e un obradoiro de monicreques. Nesta actividade colabora a AA.VV. Agra do Orzán.
Pola tarde, o sábado 5 de xuño, ás 17.00h no Campo de Marte, terá lugar o Contacontos "Paula e as palabras que levou o vento", a cargo de Bululú Teatro e, a continuación, o concerto Almudena Janeiro no seu disco "Contos en cantos". |
|
Venres, 21 Maio 2010 18:29 |
A mostra foi inaugurada esta mañá por Ermidas Valencia, concelleira de de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística
Poderá ser visitada até o 28 de maio A exposición está composta por 25 paneis ilustrados polo debuxante Pepe Carreiro e fai un percorrido pola historia de Galiza desde o Paleolítico até 1978. Esta especialmente dirixida para familias e grupos escolares. Os centros de ensino que teñan interese en visitala, poden concertar unha visita no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Xoán Manuel Sande e Ermidas Valencia As visitas guiadas, de unha hora de duración aproximadamente, estarán dirixidas por persoal especializado e rematarán cun xogo de pistas no que compiten dous equipos. A todo o alumnado que visite co seu centro de ensino a exposición, faráselle entrega dun exemplar do libro A Historia de Galicia da editorial A Nosa Terra e dunha unidade didáctica.
Ermidas Valencia agradeceu a EMALCSA a cesión da sala e ao Servizo de Normalización Lingüística da Deputación por ter a iniciativa e cederlle a Exposición para poder incluíla dentro das actividades do programa 'O galego medra contigo'. O deputado provincial, responsábel de Normalización Lingüîstica na institución provincial, Xoán Manuel Sande, que estivo presente no acto, destacou a "importancia que a intelectualidade galega sempre lle deu a difusión da nosa historia, moitas veces deturpada pola historiografía oficial".
Desde Manuel Murguía até os esforzos por achegar aos nenos e nenas a nosa historia, que as Irmandades da Fala da Coruña fixeron coas súas Escolas das Irmandades (as primeiras escolas en galego, que naceron na Coruña a mediados dos anos 20), que tiñan precisamente como obxectivo ensinarlle aos nenos a historia, a literatura e a xeografía de Galiza, desde métodos pedagóxicos moi avanzados. |
|
Martes, 18 Maio 2010 17:11 |
A actividade está incluída na campaña ‘O Galego medra contigo’ que celebra este Día das Letras Galegas Máis de 500 nenos e nenas do CEIP Emilia Pardo Bazán, participaron hoxe da actuación de Cancións para Antía, dentro da programación que para celebrar o Día das Letras ofrece a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística aos centros públicos da cidade. Cancións para Antía, vai acompañado dunha proposta didáctica para as etapas 0-3; 3-6 así como dun conxunto de 11 unidades para o primeiro e segundo ciclo de Primaria, que poden ser descargadas desde a web da AS-PG www.as-pg.org |
|
Xoves, 13 Maio 2010 15:34 |
|
Máis de 4.000 escolres percorreron as rúas da cidade esta mañá na nova edición do tradicional Correlingua, unha “carreira” de escolares en defensa do idioma galego. Os 4.000 participantes percorrerán este xoves, día 13, para reclamar máis presenza do galego baixo o lema “Galego, a forza do noso amor”. Nesta ecición participaron 40 centros escolares de A Coruña e comarca.
O itinerario comezou na Torre de Hércules, e para percorrou a rúa da Torre, praza de María Pita, Riego de Agua, Cantón Grande e Xardíns de Méndez Núñez remantando ao pé da Torre de Hércules con actuacións musicais e concurso de pancartas conmemorativas. Os gañadores deste ano foron: -CPI O Cruce de Cerceda -CPI de Zas -IES Agra de Leborís da Laracha
Na edición deste ano participaron e colaboraron, entre outros, os concellos da Coruña, Cambre, Arteixo, Carballo, Malpica e Carral. |
|
|