| Henrique Tello anuncia que non se presentará ás aleccións munipais de 2011 |
|
|
|
| Martes, 25 Maio 2010 13:07 | |||
|
O portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña, Henrique Tello, fixo pública esta mañá a súa decisión de non se presentar ás vindeiras eleccións municipais que se celebrarán no 2011. Despois de 24 anos como cabeza de cartel e situado na primeira liña política considera que os obxectivos da súa etapa, tanto políticos como electorais, están cumpridos. Henrique Tello durante a comparecencia de prensa Os motivos expostos por Henrique Tello céntranse exclusivamente nunha razón vital. “...en que a miña vida ten un valor moi importante e que durante anos tivena moi descoidada, quédame moito por facer na miña vida” explicou o portavoz do Grupo Municipal do BNG na Coruña quen subliñou que “non é unha despedida xa que non abandonarei a política, simplemente un anuncio de que non estarei na primeira liña”.
|






