Margarida Vazquez

Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Participación Cidadá
Novas Participación cidadá
Remata a formación do primeiro equipo de Mediación en en Conflitos Veciñais da Coruña PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Xullo 2010 13:13

O día 7 de xullo rematou a formación dos voluntarios e voluntarias que formarán o equipo de mediación en conflitos veciñais, recurso que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá porá en marcha no mes de setembro.

O proceso formativo dos futuros mediadores e mediadoras veciñais deu comezo no mes de maio, abordando temáticas sobre emocións, comunicación, resolución de conflitos, lexislación e, neste último módulo, sobre a mediación veciñal en contextos interculturais.

Na formación, impartida por profesionais de recoñecido prestixio, empregouse unha metodoloxía totalmente participativa, co obxecto de capacitar ao alumnado para as futuras actuacións nos procesos de resolución de conflictos veciñais.

Desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá expresouse o agradecemento ás persoas que se involucraron e implicaron neste proxecto, a Alba, Alfredo, Carmen, Inma, Juan, Luis, Manuel, Merce, Mercedes, Pablo e Rosa, e polo grande traballo que están a realizar.
 
Subliñaron, así mesmo, desde a concellaría que todas estas persoas forman un magnífico grupo de mediadoras e mediadores veciñais, e serán quenes formen parte da primeira equipa voluntaria-profesionalizada do programa.

 
Entregados os premios da segunda edición do concurso de tapas das Roseiras PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 06 Xuño 2010 20:38
O centro cívico das Roseiras acolleu o pasado sábado a entrega de premios da II edición do concurso de tapas do barrio das Roseiras que contou coa participación do Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello,  a concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira.

O primeiro premio recaeu na xamonería Bellota pola súa tapa ‘primavera bellota’; segundo premio para Baker Street pola súa tosta de salpicón; e terceiro premio para a tetería A Flor do Deserto pola súa proposta ‘Raika’. Ademais o xurado outorgou unha mención especial ao local ‘El chipirón’.

O presidente da asociación de veciños, Fernando Carrillo, destacou a participación obtida nesta segunda edición que se ven foi menor que a do ano pasado logrou superar as 5.100 tapas vendidas no barrio.

O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, subliñou a calidade de todas as tapas presentadas destacando a importancia deste tipo de iniciativas para potenciar o desenvolvemento do sector nun barrio como As Roseiras.
 
As persoas presentes puideron degustar os produtos máis valorados neste concurso
 
Lista definitiva de premios:
1º Premio: A Bellota, por Tosta de queixo, melón e xamón.
2º Premio: Baker Street, por Tosta de salpicón.
3º Premio: La Rosa del Desierto-Tetería, por Riaka.
Premio especial pola tapa máis valorada polos propios clientes: Adega O Chipirón.Estiveron presentes representantes das asociacións organizadoras, a de veciños e empresarios dos Rosales, o Director da Cámara de Comercio, señor Ortiz,e os representantes municipais Henrique Tello, Margarida Vázquez e Silvia Longueira

 
O Festival Paralelo 43º 21’ 45’’ continúa o vindeiro sábado no barrio das Conchiñas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Maio 2010 16:43
O vindeiro sábado continuarán as actividades incluídas no festival Paralelo 43º 21’ 45’’, o festival artístico en marcha desde o pasado día 8 de maio no barrio coruñés das Conchiñas, Agra do Orzán, que sigue a súa andaina co día dedicado ás artes escénicas.Este sábado estará especialmente orientado as rapazas e rapaces máis novos. Durante todo o día haberá xogos interculturais organizados por Viraventos, ONG do barrio,  na rúa Barcelona entorno ao Mercado.

As 12,00 será o momento para a sesión de Contos no Mercado, a cargo de Zezilia Meléndrez (de “A locamotora”).

As 18.00 horas da tarde, haberá tamén unha sesión-demostración de teatroterapia a cargo da terapeuta Victoria Teijeiro, no local de Manicómicos, na rúa Andrés Gaos, con prazas limitadas e admisión segundo orden de chegada.

Xa as 7 da tarde haberá un match de improvisación teatral, unha regeifa entre os grupos de teatro Manicómicos y Bambú teatro na praza das Conchiñas.
Permanecen montadas as exposicións artísticas en 45 establecementos comerciais: perruquerías, xoierías, froiterías, talleres mecánicos, bares... onde oleos, gravados, fotografías, vídeos, instalacións, esculturas, maquetas... conviven coas mercadorías, promovendo cultural e comercialmente o barrio e facendo que o público acceda a arte no seu día a día.

Organizan os colectivos: “arTeu, arte + sociedade”, “BGR-Bisionesgraphicasreales”, “5celula, arte y comunidad”

Patrocina a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, coa colaboración das Concellarías de Cultura, de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e  de Mercados
 
Faith47 finaliza o mural do Barrio das Flores PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Maio 2010 10:57

 

Diferentes imaxes que mostran o mural artístico realizado por Faith47 dentro das actividades do MUAU que organiza a  Concellaría. de Igualdade e Participación Cidadá. Na súa parte frontal destaca o deseño dunha muller que nos remite á iconoclastia bizantina e ao mesmo tempo á tradición muralística oriental.





Pola parte traseira do mural destacan en grande unhas letras onde lemos "Corazón". A súa grafía remítenos tanto ás escritas orientais como á tradición medieval irlandesa.



 
A artista urbana Faith47 chega á Coruña para deixar a súa arte nun muro do barrio das Flores PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Maio 2010 15:56

A INTERVENCIÓN ENMÁRCASE DENTRO DO MUAU (MUSEO URBANO DE ARTE URBANA) NO QUE PARTICIPAN AS CONCELLARÍAS DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, TURISMO E CULTURA E A FUNDACIÓN CAIXA GALICIA


A CONCELLEIRA MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU ESTA MAÑÁ A ACTIVIDADE ACOMPAÑADA DA ARTISTA RECÉN CHEGADA DENEDE CIDADE DO CABO


CON ESTA INTERVENCIÓN BÚSCASE POR UNHA BANDA REHABILITAR MEDIANTE Á ARTE ESPACIOS URBANOS NUN BARRIO TAN SIGULAR COMO O BARRIO DAS FLORES AO MESMO TEMPO QUE SE VISIBILIZA O PAPEL DA MULLER DENTRO DUNHA DISCIPLINA ARTÍSTICA MOI MASCULINIZADA


A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez presentou esta mañá a intervención que a artista urbana Faith47 realizará desde hoxe mesmo no barrio das Flores e coa que se perseguen dous obxectivos. Por unha banda rehabilitar mediante á arte espazos urbanos nun barrio singular, e por outra elixindo que fose unha muller recoñecida internacionalmente a protagonista desta acción dentro dunha disciplina artística moi masculinizada.A Concelleira estivo acompañada durante a presentación da propia artista quen comezará esta mesma tarde a preparar o muro no que vai intervir e que durante tres días estará traballando no mesmo.

Deste xeito e dende Cidade do Cabo chega á Coruña Faith47, unha artista extraordinaria cun talento que non pode ser engaiolado ou limitado. Dende os ladrillos ao lenzo, esta artista polifacética desprega a súa arte nas fábricas abandonadas, nas rúas secundarias e nos cotrosos centros das cidades. Na Coruña pintará un mural no Barrio das Flores, na rúa Petunias (diante do Polideportivo Municipal).

Faith47 busca o ton da tinta que vai directamente ao corazón. O seu traballo é una fixación, a fusión dos xestos máis intimamente fráxiles e sutís cunha escuridade crúa e violenta. Fluíndo dende as rúas ás galerías cun sentido intencional. Faith viaxa por todas partes a través da súa arte, pero vive en Sudáfrica, onde a terra é de cor vermello e o seu sangue síntese incómoda
Ler máis...
 
O Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro celebrará o sábado o primeiro Foro de Participación Cidadá do barrio PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Abril 2010 17:02

BÚSCASE FAVORECER A VERTEBRACIÓN E COHESIÓN DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO BARRIO IMPULSANDO O DIÁLOGO COMUNITARIO E ABERTO E  IMPLICANDO ADEMAIS AS ASOCIACIÓNS E AXENTES COMUNITARIOS


A Concellería de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez celebrará este sábado, 24 de abril, un foro de participación cidadá no barrio de Novomesoiro co obxectivo de favorecer a vertebración e cohesión da poboación que reside no barrio de Novo Mesoiro impulsando o diálogo comunitario, aberto á participación de calquera persoa interesada e implicando ás asociacións e axentes comunitarios.

Para motivar a participación o proceso aproveita a próxima apertura do Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro buscando visualizar a utilidade dos seus resultados para a comunidade. Deste xeito, o diálogo buscará identificar propostas de consenso acerca das actividades e funcións que debe desempeñar o Centro; na medida en que un dos seus obxectivos é favorecer a integración e participación da sociedade no barrio.

A cita será o sábado de 10.30 a 13.00 horas no Centro Cívico e Social de Mesoiro e contará coa participación da Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez. No encontro estableceranse pequenos grupos de traballo de dez persoas como máximo, que debaterán cales son as necesidades e aportando actividades concretas que debera cubrir o Centro Cívico e Social que se exporán a todos os participantes ao remate do foro.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>