| Mercanatura e a Escola de Hostelaría San Javier recadarán fondos esta fin de semana para os damnificados polo terremoto de Haití |
|
|
|
| Xoves, 18 Febreiro 2010 15:14 | |
ESTA FEIRA DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS QUE CHEGA ESTE SÁBADO A SÚA TERCEIRA EDICIÓN CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE DOUS ALUMNOS DA ESCOLA DE HOSTELARÍA QUE VENDERÁN ‘FILLOAS SOLIDARIAS’ A PARTIR DAS 12.00 HORASA Feira de productos ecolóxicos e naturais, Mercanatura, organizada pola Asociación de Veciños dos Rosais en colaboración da Primeira Tenencia de Alcaldía dirixida polo nacionalista Henrique Tello e a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá dirixida por Margarida Vázquez continua este vindeiro sábado cunha nova cita desde ás 10.30 horas na Praza Elíptica dos Rosais. Nesta ocasión ademais contarase coa participación da Escola de Hostelaría San Javier de Coruña que confirmo a súa participación nesta terceira edición coa realización a partir das 12.00 horas por parte de dous dos seus alumnos de ‘filloas solidarias’ que se venderán a un prezo simbólico, co obxectivo de recadar o máximo posible que posteriormente serán enviados aos damnificados polo terremoto de Haití. Programación:10.30 h.: apertura de Mercanatura. 11.00 h.: Obradoiros de disfraces e maquillaxe. (Trataríase de axudar aos nenos a confeccionar disfraces de froitas, verduras e animais a partir de bolsas plásticas, cartulinas e papeis de cores, así como de maquillalos adecuadamente). 12.00 h: apertura do stand de venda da “Filloa Solidaria” (cuxos beneficios van destinados aos damnificados do terremoto de Haití). 12.00 h.: concentración das comparsas na entrada da Praza Elíptica e inicio do desfile pola r/ Manuel Azaña ata a r/ Rodríguez Castelao (e volta á Praza Elíptica). 13.00 h.: rota do tapeo carnavaleiro e verbena amenizada polo Dúo Café. 15.00 h.: clausura de Mercanatura e da festa.
|





