Enrique Tello Leon

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Promoción Económica
Novas Promoción Económica
O Servizo Municipal de Promoción Económica e Emprego atendeu en 2009 a máis de 6.200 persoas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Xullo 2010 19:03

A porcentaxe de inserción laboral das persoas que acoden ao centro en busca de emprego sitúase no 40%, chegando a superar o 50% na Rede Coruña Emprega


O Servizo de Promoción Económica de Emprego multiplicou por tres o seu orzamento desde 2007 tal e como se reflicte na Memoria 2009 presentada esta mañá polo Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, quen destacou a intensa actividade do centro tanto en materia formativa como de orientación e intermediación laboral.
Un dos logros máis importantes deste centro tal e como destacou o responsable da Concellaría de Promoción Económica e Emprego céntranse no elevado grado de fiabilidade e credibilidade acadado a través dunha oferta formativa adaptada e orientada a demanda laboral real e a alta calidade dos servizos prestados no centro.

Esta intensa labor do Servizo Municipal de Promoción Económica e Emprego que logrou acadar unhas importantes porcentaxes de inserción laboral que superan o 50 por cento no caso dos participantes nos cursos de formación da Rede Coruña Emprega e do 40 por cento dos usuarios que pasan polos puntos de Atención de Emprego do propio centro.
Ler máis...
 
Henrique Tello visita 'PEQUEPINCHO', o obradoiro de cociña para nenos e nenas de 6 a 12 anos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Xullo 2010 18:30

O obradoiro tenta fomentar entre os máis pequenos unha educación en valores e achegalos á cociña dunha maneira activa


O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, visitou esta tarde o obradoiro de gastronomía Pequepincho, no que participan 40  nenos de entre 6 e 10 anos.
O obradoiro tenta fomentar entre os máis pequenos unha educación en valores e achegalos á cociña dunha maneira activa. Dende unha perspectiva lúdica os nenos poderán elaborar as súas propias tapas, tendo como inspiración a composición dunha Torre de Hércules. Ademais, realizan  xogos de alimentación cos que se lles  pretende inculcar os correctos hábitos alimenticios.

Os obradoiros están impartidos pola nutricionista, Lucía Miyar e pola cociñeira Carmen Trigo, quen tentan recuperar a tradición de que os rapaces volvan a entrar nas cociñas.

Pequepincho é unha actividade que se desenvolve de maneira paralela ao Concurso de Tapas Picadillo e que se celebra hoxe e mañán  na Escola de Hostalería San Javier.
 
A OMIC incrementa nun 229% o número de reclamacións tramitadas durante o 2009 e incrementa en máis de 5.000 as consultas atendidas PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 03 Xullo 2010 10:38

O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, presentou  a Memoria da OMIC 2009 da que se desprende o importante incremento da actividade deste servizo que o ano pasado atendeu un total 20.747 consultas e tramitou 1.847 reclamacións.

O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, durante a visita  a un dos obradoiros que se están a desenvolver na OMIC dentro da Escola de Verán

Henrique Tello subliñou o intenso traballo que está a realizar as tres persoas que integran o equipo da Oficina Municipal de Información ao Consumidor e que ano tras ano multiplican a súa actividade. Así, o pasado ano no caso concreto das consultas atendéronse 5.470 máis que o ano anterior sendo o mes de marzo o que rexistrou o maior número con 2.936 a causa fundamentalmente da facturación mensual das eléctricas.

Os sectores que máis demanda de información tiveron foron Electricidade (3.331), Telefonía móbil (2.214), Telefonía fixa (1.717), os Servizos de asistencia técnica (805), Banca e servizos financeiros (637) e Internet (626), coincidindo practicamente como sectores con máis demanda de información en relación aos datos de 2008. Aínda que o incremento é notable en todos estes sectores, o que experimenta maior número de consultas é o da electricidade debido aos cambios normativos.

Ler máis...
 
A Casa Museo Casares Quiroga acolle a exposición ‘Mar e ando’ de Nando Lestón PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 03 Xullo 2010 10:21

Permanecerá até o vindeiro 15 de xullo


Mar e ando é deser paisaxe,inverno,atempo,tempo,temporal…
Mar e ando é deser memoria,infancia,ribeira,mar,mariñeiro…
Mar e ando é deser arqueoloxía,cultura,oficio…nudo,talameira.
Area,táboas…sal.

Mar e ando é deser a verdade,ou cando menos desocultar o verdadeiro nome das cousas,chuchar a sua enerxía,falar a lingua das cunchas sen máis mérito que ollarte ao espello pola mañan e recoñecerte.

Na mostra Nando Lestón presenta non son cadros, nin esculturas, son os restos calamitosos daquelo que foi e xa non é… por que desexa ser outra cousa,na que media a emoción; son Frankenteins, anacos de aquí e de acolá que crea un complexo organismo emocional que escaravella dentro do artista.
Ler máis...
 
Inaugúrase o primeiro Centro Municipal de Empresas da Coruña PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Xuño 2010 17:37
O alcalde, Javier Losada, e o Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello inauguraron o novo Centro Municipal de Empresas, un proxecto que demostra o compromiso do goberno municipal na loita contra a crise e a creación de emprego. O centro está situado no polígono de A Grela no renovado Igrexario e que se destina a facilitar a emprendedores coruñeses o arranque e consolidación dos seus proxectos e empresas, o que supón un impulso para superar con éxito os riscos e dificultades iniciais.
O Primeiro Tenente de Alcalde de Promoción Económica e Emprego, Henrique Tello, destacou o esforzo realizado desde o Concello para sacar adiante este importante proxecto que “en tempos de dificultade e crise ofrece a posibilidade e todo o apoio aos emprendedores coruñeses para desenvolver os seus negocios”. “Este centro será o inicio do camiño do éxito empresarial” destacou.

No acto inaugural Henrique Tello indicou que trátase dun centro que está por encima de todo e de todos, que beneficiará a todos os coruñeses e que conta cunha ordenanza que non recibiu nin unha soa alegación.
Ler máis...
 
Alfa Romeo elixe A Coruña para a presentación nacional do seu novo modelo Giulietta PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Xuño 2010 17:35
O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, presidiu esta mañá a presentación ante os medios de comunicación da cidade do novo Alfa Romeo Giulietta antes da que terá lugar esta mesma tarde ás 19.00 horas na Domus. O Primeiro Tenente de Alcalde estivo acompanado na rolda de prensa por Afonso Ortín Castellano, director de comunicación Fiat Group Automobiles Spain (FGSA), por Paulo Carelli, director de la Marca Alfa Romeo e por Javier Marijuán, conselleiro delegado de Fiat Group Automobiles Spain (FGSA).Henrique Tello destacou a importancia deste evento para A Coruña ao se tratar dunha presenación para todo o Estado, "o que nos coloca nun lugar destacado ao tempo que da a coñecer a cidade e a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade".

Na presentación proxectouse un vídeo do Giulietta gravado na Coruña e no que aparecen zonas tan destacadas como a Torre de Hércules, o paseo marítimo, a praza de María Pita, o Monte de San Pedro, as galerías da Mariña... ofrecendo unha completa imaxe da nosa cidade que non só servirán para publicitar o novo modelo de Alfa Romeo senón que o tempo supón unha magnífica promoción da nosa cidade. Este vídeo estará presente na web de Alfa Romeo  e suporá un impulso turístico para A Coruña.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>