| As Cooperativas de Vivendas demandan axilizar ao máximo posible o proceso de urbanización do Parque Ofimático en xuntanza co Concelleiro de Vivenda |
|
|
|
| Venres, 05 Febreiro 2010 23:39 | |
MARIO LÓPEZ RICO EXPLICOU QUE O GOBERNO LOCAL ESTÁ FACENDO TODO O POSIBLE PARA CHEGAR A UN ACORDO NEGOCIADO CON RENFE QUE PERMITA ACELERAR OS TRÁMITES DE LICITACIÓN DAS OBRAS E INICIAR CANTO ANTES AS OBRASO Concelleiro de Vivenda e Rehabilitación Urbana, Mario López Rico, reuniuse esta mañá cos representantes da Unión Galega de Cooperativas de Vivendas quen tiñan solicitado este encontro co concelleiro para tratar entre outros temas o estado actual do Parque Ofimático de Eirís e o seu futuro. Os representantes das cooperativas manifestaron asúa preocupación polos trastornos que as posíbeis demoras poderían causar ao cooperativistas. Neste sentido o Concelleiro de Vivenda tranquilizou aos presentes porque o Goberno local, desde a área de urbanismo, está a facer todo o posible por chegar a un entendemento con Renfe para alcanzar un acordo negociado co fin de axilizar o máximo posible os trámites necesarios para levar a cabo o proceso de licitación e que as cooperativas podan comezar canto antes as obras de urbanización na zona.Así mesmo, López Rico trasladou o seu total apoio e colaboración aos distintos representantes das cooperativas de vivendas poñendo a súa disposición toda a infraestrutura da Concellaría de Vivenda para obter toda a información que precisen sobre as distintas posibilidades para este tipo de promoción de vivenda na cidade. Os representantes das cooperativas amosaron así mesmo a súa disposición á colaboración coa Concellaría e insistiron na necesidade de imprimir ao proceso a máxima celeridade, idea compartida polo propio Concelleiro de Vivenda. Este encontro foi solicitado polas Cooperativas tras reunirse a finais do pasado mes de xaneiro con representantes das preto de 300 familias que forman parte das Cooperativas A Carnocha, Confuncovi e Eirís Ofimático, adxudicatarias de varias parcelas no Parque Ofimático de Eirís, para coñecer de primeira man o estado do proceso, que tal e como subliñou o Concelleiro de Vivenda no encontro, continúa o seu camiño e non vai sufrir paralizacións.
|






Neste sentido o Concelleiro de Vivenda tranquilizou aos presentes porque o Goberno local, desde a área de urbanismo, está a facer todo o posible por chegar a un entendemento con Renfe para alcanzar un acordo negociado co fin de axilizar o máximo posible os trámites necesarios para levar a cabo o proceso de licitación e que as cooperativas podan comezar canto antes as obras de urbanización na zona.