Enrique Tello Leon

Axenda

Marzo 2010
L M m X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Turismo Comeza o VII Concurso de Tapas Picadillo A Coruña‘09 con record de participación.
Comeza o VII Concurso de Tapas Picadillo A Coruña‘09 con record de participación. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Xullo 2009 17:13

43 Establecementos con 55 tapas participan ata o próximo 30 de xullo.

Nesta edición inclúese un premio do público outorgado por votación popular a través dunha tarxeta que será entregada nos establecementos participantes.

Repartiranse 25.000 folletos con información de cada establecemento, a tapa coa que participa e o seu prezo.

Mañá venres arranca unha nova edición do concurso de Tapas Picadillo A Coruña’09 organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo que dirixe o nacionalista Henrique Tello, en colaboración coa Deputación da Coruña, e que este ano contará coa participación récord de 43 establecementos de hostalaría da cidade que presentarán un total de 55 tapas repartidas en dúas categorías, tradicional e creativa.

Once locais decidiron optar pola proposta máis innovadora, vinte elixiron a cociña clásica e doce combinarán ambas propostas. Dende mañá e ata o próximo 30 de xullo un xurado profesional catará as distintas especialidades. Nunha primeira fase elixirán dez tapas finalistas, cinco por cada categoría, para posteriormente decidir cal será a gañadora en cada modalidade.

Este ano ademais inclúese o premio do público que outorgarán os propios clientes dos establecementos coas súas votacións.  Para iso, instalarase en cada establecemento unha furna onde poderá depositarse a tarxeta de valoración que será entregada aos clientes no propio establecemento participante.

Todas as propostas, tanto a de cociña tradicional como a creativa, elabóranse de forma artesanal e cun produto galego e de calidade. O prezo tamén é un bo reclamo, xa que segundo estaba estipulado nas bases do concurso, debe ser popular, comprendido entre os 0,50 céntimos e os 2 euros.

A partir de mañá, o concurso contará cunha páxina web, www.tapaspicadillo.com, onde se pode atopar toda a información sobre os establecementos participantes e a oferta gastronómica que poderemos saborear en cada un deles. Tamén se habilitarán perfís en redes sociais como facebook co obxectivo de darlle a máxima difusión ao concurso.

Roteiro de tapas Picadillo

Outra das grandes novidades deste ano será o reparto de 25.000 folletos nos que se inclúe un roteiro con toda a información necesaria sobre a localización dos establecementos participantes, as tapas que presenta cada un deles, prezo…

Deste xeito cidadáns e visitantes disporán de toda a información necesaria para deseñar o seu particular percorrido gastronómico.

Unha guía para ir de tapas

Ao remate desta nova edición do Concurso de Tapas Picadillo A Coruña’09, a Concellaría de Promoción Económica en colaboración co Consorcio de Turismo editará unha completa guía con todos os establecementos participantes nas distintas edicións do concurso.

Esta guía será amplamente divulgada como folleto e recurso turístico durante todo o ano, de xeito que os que visiten a cidade dispoñerán de información sobre os locais de hostalaría que apostan polas tapas como un dos mellores e máis valorados reclamos gastronómicos da Coruña.

Esta iniciativa conta cun orzamento global de 30.000 euros, que se suman a outras iniciativas que Turismo da Coruña ven realizando en favor da hostalería coruñesa, como a recente “Cidade Vella en Concerto” que se desenvolveu con grande éxito e que terá continuidade no próximo outono.

Cartaz Picadillo

Despregabre Concurso deTapas Picadillo