|
Domingo, 03 Xaneiro 2010 12:49 |
A microsite creada para a campaña recibíu na última quincena de decembro unha media de 200 visitas diarias
O 50 por cento das entradas procedían Portugal, o 35 por cento de España e o 15 por cento de países como Brasil, Reino Unido, Alemania, Francia, Suiza, EE.UU., Arxentina e México entre outros. O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, salientou o grande éxito da campaña que según os cálculos dos encargados da campaña puido incrementar nun 15 por cento o número de visitantes procedentes de Portugal para pasar na Coruña o fin de ano
A campaña de Noitevella desenvolvida por Turismo da Coruña e co apoio da Deputación da Coruña, supuxo todo un éxito de participación reflectida non só nas actividades de rúa senón tamén a través das visitas a microsite (www.acorunanoitevella.com) creada para a campaña que recibiu en quince días máis de 3.000 visitas cunha media de 200 entradas diarias.
Do total de entradas, o 50 por cento procedía de Portugal, o 35 por cento de España e o 15 por cento restante de países como Brasil, Reino Unido, Alemaña, Francia, Suíza, Estados Unidos, Arxentina e México entre outros. No microsite non só presentábanse os atractivos da cidade senón tamén facilitábase aos potenciais visitantes a súa planificación da viaxe. Os usuarios que accedían a esta páxina web tiñan a posibilidade de cubrir un formulario para participar no sorteo dunha estancia para dúas persoas (noite+brunch fin de ano) no hotel Hesperia Finisterre, un concurso que acadou unha participación de máis de 200 persoas.
A campaña destacaba a maxia dos rituais e a oferta cultural, gastronómica e hoteleira co obxetivo de atraer máis visitantes que viñeran pasar a Noitevella na Coruña. Así, o Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, destacou o grande éxito acadado xa que según cálculos dos encargados da campaña o número de turistas procedentes de Portugal para pasar este fin de ano puido acadar un incremento dun 15 por cento.
A campaña “A Corunha. Magica durante o Fim de Ano” tiña como principal diana este ano o mercado portugués, que resulta estratéxico para escapadas como a de Fin de Ano. Sobre todo no caso no norte do país veciño, desde o que non só é doado chegar á Coruña en automóbil ou outros medios de locomoción, senón que nos unen moitos lazos culturais e as facilidades do idioma.
Por este motivo, a campaña incluíu accións directas na cidade de Porto, con animación na rúa a cargo de dúas pernaltas ataviadas cun vestiario que recreaba a imaxe da campaña, inspirada nos antigos carteis publicitarios, en concreto nun cartaz deseñado por Rafael Barros no ano 1927 no que promocionaba a cidade da Coruña.
As pernaltas percorreron durante varios días no mes de decembro as rúas da cidade portuguesa pola noite, repartindo un pergameo que narraba os rituais tradicionais da noite de fin de ano, animando aos cidadáns de Porto a elixir A Coruña para celebrar a Noitevella e ofrecendo unha imaxe festiva, que invite a poñer en marcha os rituais que propón o pergameo.
Ademais, durante esta campaña realizáronse diversas accións de difusión a través de E-mailings a 30.000 persoas de entre 18 e 50 anos, publicidade na prensa e unha importante difusión a través de Internet coa alta en buscadores para facilitar o acceso ao microsite e concederlle a máxima visibilidade a esta campaña asi como un perfil en redes sociais en Facebook que segundo os encargados da campaña obtivo unha moi boa acollida.
O Primeiro Tenente de Alcalde, Henrique Tello, agradeceu a importante colaboración dos sectores de hostalaría e hospedaxe da cidade que no caso dos últimos a súa participación acadou case ao cen por cen dos hoteis da cidade.
|