Enrique Tello Leon

Axenda

Marzo 2010
L M m X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Turismo O Primeiro Tenente de Alcalde e os responsables de Turismo dos distintos concellos do Consorcio As Mariñas poñen en marcha o Plan de Marketing conxunto da comarca
O Primeiro Tenente de Alcalde e os responsables de Turismo dos distintos concellos do Consorcio As Mariñas poñen en marcha o Plan de Marketing conxunto da comarca PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Febreiro 2010 23:45

ENTRE AS PRIMEIRAS ACCIÓNS QUE SE LEVARÁN ACABO DESTACA A ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE RECURSOS TURÍSTICOS CONXUNTA NA QUE SE RECOLLERÁN OS DISTINTOS RECURSOS TURÍSTICOS DA CIDADE E A SÚA ÁREA METROPOLITANA


O PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE REUNIUSE ESTA MAÑÁ COS REPRESENTANTES DE TURISMO DOS CONCELLOS INCLUIDOS NO CONSORCIO AS MARIÑAS PARA ANALIZAR E ESTABLECER ESTRATEXIAS CONXUNTAS ORIENTADAS A POSIBILITAR O POSICIONAMENTO DO DESTINO COMO ÚNICO E DIFERENCIADO


O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable do área de Turismo no Concello da Coruña, Henrique Tello, reuniuse esta maña cos Concelleiros e Concelleiras de Turismo dos distintos concellos do Consorcio As Mariñas na primeira Mesa de Concelleiros de Turismo do área Metropolitana para analizar o plan de marketing conxunto para a comarca proposto como resultado dos estudos realizados dentro do Plan de Dinamización do Produto Turístico da Coruña e do Área Metropolitana.Este Plan de Marketing Turístico comarcal inclúe unha serie de accións conxuntas orientadas a posibilitar o posicionamento do destino como único e diferenciado, así como as estratexias e actuacións que se van a desenvolver nos vindeiros anos para optimizar a promoción e posicionamento do destino no mercado turístico.

Este Plan de Marketing comarcal forma parte do Plan de Dinamización do Produto Turístico da Coruña e a súa Área Metropolitana co que se busca aumentar a actividades turística no destino e as rendas que dita actividade xera, consolidándoa como un dos motores da economía e o emprego do área. Así mesmo, outro obxectivo consiste en lograr unha oferta turística do Área Metropolitana competitiva e sostible que conte coa colaboración e implicación das distintas administracións locais.

O Plan de Dinamización desenvólvese a través dun convenio de colaboracións subscrito entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Secretaría Xeral de Turismo, o Concello da Coruña e os que integran o Consorcio As Mariñas e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña.
Durante o encontro analizouse a primeira fase do Plan de Marketing Turístico do Área baseado na diagnose da situación actual. Así mesmo establecéronse unha serie de accións conxuntas entre as que destaca a elaboración dunha Guía de Recursos turísticos conxunta na que se inclúan os distintos recursos (patrimoniais, naturais, gastronómicos...) da cidade e da súa área metropolitana como destino único. Ademais crearase unha web conxunta na que se recollerá toda esta información. Dentro da mesma web de Turismo da Coruña haberá un espazo onde se recollerá toda a información e distintos recursos turísticos dos concellos que integran o Consorcio das Mariñas.

Os obxectivos deste encontro centráronse en recompilar e analizar a información cualitativa necesaria sobre aspectos máis relevantes relativos a oferta, demanda e competencia do destino; analizar os produtos turísticos e estratexias do desenvolvemento turístico actuais; determinar obxectivos estratéxicos do plan de acción; e optimizar as medidas de actuación que versarán sobre o produto, a promoción, a comercialización e a xestión do espazo turístico.