Enrique Tello Leon

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Turismo ÉXITO TOTAL DE PARTICIPACIÓN NOS TRES PROGRAMAS DE VISITAS GUIADAS DE TURISMO DA CORUÑA
ÉXITO TOTAL DE PARTICIPACIÓN NOS TRES PROGRAMAS DE VISITAS GUIADAS DE TURISMO DA CORUÑA PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Febreiro 2010 17:57

O número de visitas duplicouse en 2009 con respecto ao exercicio anterior, destacando o tour nocturno pola Cidade Vella pola súa orixinalidade e encanto


O primeiro tenente de alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, anunciou que no mes de marzo retomaranse estas visitas, que están a converterse nun grande reclamo turístico


Entre os visitantes destacan os madrileños e cataláns do resto do Estado, así como os británicos e portugueses entre os europeos, tamén os 14 australianos que participaron no programa, que desde o ano 2009 é gratuito


A Os tres programas de visitas guiadas postos en marcha por Turismo da Coruña están acadando cada vez máis éxito, tal como se desprende do balance correspondente ao ano 2009, o que o número de visitas practicamente duplicouse con respecto ao ano 2008. No pasado exercicio participaron no tour nocturno pola Cidade Vella, así como o percorrido pola Torre de Hércules e a Ruta Picaso-Modernista un total de 2.105 persoas, fronte as 1.130 que se acolleron a esta oferta de Turismo da Coruña no ano anterior.

Os programas de visitas turísticas, que desde o ano 2009 son de carácter gratuíto e contan coa colaboración da Deputación da Coruña, estanse a converter nun importante reclamo á hora de captar visitante4s á cidade, o que non só queda demostrado polo número de participantes, senón tamén polas múltiples entradas na web de Turismo e chamadas á oficina para solicitar información sobre estas visitas.

Ante o éxito acadado nas últimas convocatorias, o primeiro tenente de alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, anunciou que o programa retomarase no mes de marzo e ademais vaise elaborar un folleto con toda a información de interese sobre o programa de visitas guiadas que se distribuirá nos hoteis e restaurantes da cidade, coa colaboración da Asociación de Hospedaxe (Hospeco).

Con respecto ás cifras de visitantes, a modalidade con maior éxito pola súa orixinalidade e encanto foi o tour nocturno pola Cidade Vella, no que participaron un total de 1.248 persoas. En segundo lugar sitúase a Torre de Hércules, que incrementou moito o rexistro de visitas grazas á súa declaración como Patrimonio da Humanidade, pasando das 182 en 2008 ás 652 o pasado ano. Por último sitúanse as visitas á ruta Picasso e ruta modernista, que tamén aumentou dos 85 aos 205 participantes en 2009.

Por procedencia dos visitantes, os turistas do resto do Estado foron os máis numerosos, acadando a cifra de 1.418. Entre eles destacan os de Madrid, con preto de 550 visitas, seguidos de Barcelona, Valladolid, Asturias, Bilbao e Toledo.  Con respecto aos visitantes estranxeiros, Europa encabeza a lista, con 106 participantes encabezados polos británicos, portugueses e franceses. No que respecta ao resto das orixes, foron 94 os procedentes de países americanos e destaca a cifra de visitantes australianos, que ascendeu a 14 persoas.

No relativo ao tipo de aloxamento no que se hospedaban os participantes nestes programas, os máis numerosos corresponden a hoteis de catro estrelas, cun total de 490 persoas, seguidos dos de tres e dúas estrelas.