|
Luns, 12 Xullo 2010 16:33 |
O Consorcio de Turismo, na súa última Xunta de Goberno do pasado 9 de xullo, aprobou as bases para a contratación da persoa que ocupara a xerencia do consorcio. As bases poden descargarse dende hoxe na páxina web de Turismo. O anuncio da convocatoria publicarase en tres diarios da maior difusión.
Entre os obxectivos do Consorcio figura a procura dunha xerencia que teña un profundo coñecemento do Plan Director de Turismo e que sexa quen de implementalo coa incorporación das novas tecnoloxías.
Ademais a persoa seleccionada terá que ter unha gran capacidade de organización, planificación e xestión económica para manter o excelentes resultados turísticos que ten obtido o Consorcio dende primeiros de ano.
|